MOS
Arranca a campaña solidaria Mos Axuda no Nadal
A iniciativa, xa un clásico previo ás datas navideñas na localidade mosense, foi presentada con escolares do municipio
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto coa concelleira de Política Social mosense, Sara Cebreiro, voluntarios de Mos Axuda e alumnado de 2º curso de Educación Primaria do Colexio Lar, presentaron a campaña solidaria Mos Axuda no Nadal, que regresa á localidade un ano máis coa proximidade das datas navideñas.
A presentación valeu tamén para que a cativada do centro escolar puidera coñecer en profundidade e de primeira man a actividade e dependencias de Mos Axuda, mediante unha visita polas instalacións, sitas en Puxeiros, guiada polos propios voluntarios e voluntarias.
A campaña de Nadal promove a recollida de alimentos en supermercados de Mos, colexios, asociacións, empresas, etc. Así Mos Axuda comeza a traballar a pleno rendemento na campaña navideña de recollida para as familias beneficiarias, polos colexios, supermercados, e locais das asociacións do municipio. Habitualmente colaboran nesta campaña tanto particulares como empresas mosenses e a entrega faise no mes de decembro con productos navideños con motivo das Festas do Nadal.
A iniciativa comezou a ser desenvolvida xa estes días por voluntarios e voluntarias de Mos Axuda nos supermercados Eroski, Gadis e Alcampo de Mos. As doazóns das persoas interesadas en colaborar con esta campaña son vitais para brindar apoio ás familias máis vulnerables do municipio e así facerlles o Nadal máis especial a aquelas e aqueles que máis o precisan.
O Concello de Mos a través de Mos Axuda e grazas ás aportacións de Cruz Vermella, veciñanza, empresariado e tecido asociativo, vén repartindo nos últimos anos unha media anual de 40 toneladas de alimentos.
A rexedora local mosense e a edil Sara Cebreiro quixeron agradecer neste senso “non só as aportacións materiais de particulares e entidades, senón tamén o arduo labor das persoas voluntarias de Mos Axuda que, co seu tempo e traballo, contribúen a facilitarlle a vida aos mosenses que máis o necesitan”. “A todos darlles as grazas pola súa entrega desinteresada por e para axudar aos demais”, destacaron as representantes municipais.
Así, un ano máis Mos Axuda no Nadal traballa para que ningunha familia nin cativo mosenses perdan a ilusión navideña. A campaña solidaria municipal Mos Axuda no Nadal recolle produtos comestibles e regalos para os cativos das familias beneficiarias. Os xoguetes entréganse o 5 de xaneiro nun acto cos Reis Magos.
‘Ningún nenx sen agasallo’
A campaña Mos Axuda de Nadal 2023 inclúe, desde fai anos, o proxecto ‘Ningún nenx sen agasallo’. Esta iniciativa solidaria está promovida polo Concello de Mos en colaboración coa Asociación de Empresarios de Mos, para que ningún desexo dun neno/a durante o Nadal quede sen facerse realidade.
O listado de nenos/as é facilitado polo departamento dos servizos sociais de Mos e por suposto, os datos son totalmente confidenciais, polo que para mercar o regalo os colaboradores participantes reciben unha carta escrita polo neno/a beneficiario pero sen asinar, só identificada cun número de referencia. E o agasallo que pide na devandita carta debe ser depositado indicando no paquete o número da carta asignada.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.2