Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 08:48:59 horas

Xornal21.es
Martes, 21 de Noviembre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Mondariz-Balneario recibe 90.000 € para reparar infraestruturas

A institución provincial aproba estas achegas que permitirán reparar un muro de contención na confluencias dos ríos Tea e Xabriña e as instalacións do Paseo de Troncoso

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha axuda para o Concello de Mondariz-Balneario que lle permitirá reparar varias infraestruturas e instalacións municipais. O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, informou deste asunto polo que o Concello recibirá “preto de 90.000 € para reparar un muro de contención e o parque e área de esparexemento do Paseo de Troncoso”.

 

No caso do muro de contención, este está situado no encontro entre o río Tea e mais o Xabriña. A construción non tiña zapata de apoio e non estaba armado, polo que sufriu un derrubamento. No que se corresponde co Paseo de Troncoso, cambiarase o pavimento por un máis resistente ás inclemencias meteorolóxicas, ao estar o actual levantado por mor das augas. Tamén se limpará o pavimento de paso entre as áreas de esparexemento, repararanse o muro e o peche perimetrais do recinto, e substituiranse os xogos que se viron afectados polo paso da riada.

 

O vicepresidente Domínguez lembrou que só hoxe na Xunta de Goberno a Deputación mobilizou “máis de 1,5 millóns de euros para os concellos”. O vicepresidente asegurou que “seguimos a tender pontes con eles, destinando recursos directos para mellorar as súas infraestruturas, para modernizalos e avanzar na construción do noso modelo de provincia”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.