SALCEDA DE CASELAS
O Concello veta a única Estación de Servizo de Salceda tras o "pufo" financeiro
Davila sospeita dunha decisión "sectaria e de vinganza" por parte do Concello
O trato coa única estación de servizo local en Salceda mantén os vehículos do Concello sen a posibilidade de repostar aquí durante máis de 16 meses. O Goberno local levou ao bloqueo nesta empresa a carga de combustible, obrigando ao parque móbil municipal a desprazarse a outras localidades para abastecerse.
Este inconveniente non só representa un desafío en termos de eficiencia, senón tamén en canto ao tempo empregado nestes desprazamentos. A pesar do pago tardío das facturas, a situación continúa a suscitar dúbidas sobre a xestión do actual goberno local e as súas posibles consecuencias no peto dos veciños.
O grupo municipal do PP de Salceda de Caselas insta publicamente ao Concello a restablecer de inmediato a subministración de combustible na única estación de servizo local para todos os vehículos do parque móbil municipal despois de máis de 16 meses de bloqueo.
O voceiro municipal, Santi Davila, lamenta que esta situación se prolongue desde hai máis dun ano e catro meses, motivada polos impagos de facturas do anterior bipartito, comandado por Verónica Tourón e Dolores Castiñeira. O corte da subministración ao parque móbil mantívose ata que non se sufragaran os abonos pendentes, tras a reclamación presentada pola empresa.
Os vehículos municipais son "obrigados" a desprazarse ao Porriño para repostar, o que xera perda de tempo, produtividade e custos para os traballadores.
Davila recorda as promesas incumpridas da entón tenente de alcaldesa e actual rexedora local, Dolores Castiñeira, que asegurara a solución a curto prazo deste problema. O voceiro do PP critica a "nula capacidade de xestión" e a falta de cumplimento das promesas por parte da alcaldesa.
O representante popular destaca que a gasolineira é unha empresa local, a única do seu sector no municipio, que paga os impostos no Concello. Alerta sobre a "esperpéntica situación" que está a suceder.
Davila cuestiona se a situación actual, a pesar do pago das facturas con retraso, se debe "á nula capacidade de xestión do goberno local ou a unha decisión sectaria e de vinganza polos impagos pasados". O concelleiro do PP tamén expresou preocupación sobre a posibilidade de que esta situación se repita debido á errática xestión económica do executivo local.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136