Lunes, 02 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 02 de Marzo de 2026 a las 12:20:44 horas

Xornal21.es
Lunes, 20 de Noviembre de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A protección da infancia e adolescencia centran o pleno infantil no Porriño

O Concello celebrou unha nova sesión do pleno infantil coincidindo co Día Mundial da Infancia na que estiveron representados todos os centros educativos do municipio

No Día Mundial da Infancia o Concello do Porriño celebrou unha nova sesión do seu Pleno Infantil. “Traballamos todo o ano para conseguir cambios reais na vida de nenas e nenos, e este día é un momento clave para sumarse a este chamamento mundial a favor da infancia e dos nenos e nenas máis vulnerables”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Queremos tomar o pulso dos seus intereses e poñer especialmente o foco no tema da protección e prevención da violencia contra a infancia e a adolescencia”.


A tal fin, convocouse este novo pleno infantil en cumprimento do compromiso adquirido de conmemorar cada ano o día dos dereitos da infancia, pero tamén, para solicitar o apoio e compromiso dos nenos, nenas e adolescentes na resposta aos retos da situación actual e para impulsar e cumprir cos obxectivos da Axenda 2030, con máis equidade e, sobre todo, con máis oportunidades de prosperidade para todas e todos.


Neste pleno, os e as portavoces de cada un dos centros tiveron a oportunidade de trasmitirlle de primeira man, tanto ao alcalde coma ao resto de concelleiros e concelleiras, o resultado do traballo feito cos seus compañeiros e compañeiras nas aulas mediante a exposición de achegas sobre os dereitos da infancia, poñendo o foco na protección e prevención da violencia contra a infancia e a adolescencia e falaron das súas necesidades e preocupacións, centrándose en como lles está a afectar aos seus dereitos.  Entre outras, propuxeron que se habilite un teléfono de atención ao menor, un gabinete de atención aos menores vítimas de violencia e atención psicolóxica, máis seguridade e iluminación nas rúas ou obradoiros para nais e pais.


Tamén estaba na orde do día a recollida de propostas para a realización de actividades durante este Nadal, e aprobouse a iniciativa centrada na recollida de alimentos e produtos de hixiene infantís, unha necesidade que trasladaban dende Asuntos Sociais, para que posteriormente sexan clasificados e repartidos entre as familias con menos recursos do concello e en colaboración co SOS.


O pleno, promovido polas concellerías de Educación e Infancia, que dirixen Carolina González e Rosa Isabel Alonso,  a través da OMIX, puido seguirse na web do Concello en directo para facilitar a participación do resto da comunidade educativa e do público en xeral, e está á disposición da veciñanza na mediateca da web municipal xunto co resto de sesións.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.