Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 09:43:19 horas

Xornal21.es
Martes, 21 de Noviembre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación reivindicando o labor das entidades a favor da Infancia

O goberno de Luis López acaba de aprobar unha axuda de 10.000 euros destinada a UNICEF para colaborar cos traballos que a entidade está a desenvolver para paliar a situación de emerxencia dos nenos que viven en Libia

A Deputación de Pontevedra súmase ao Día Mundial da Infancia reivindicando o labor desenvolvido por entidades que traballan en todo o mundo para que os nenos teñan un futuro mellor. Deste xeito, o goberno de Luis López, a través do servizo de Benestar Social liderado pola deputada Sandra Bastos, acaba de aprobar unha axuda de 10.000 euros destinada a UNICEF para colaborar cos traballos que a entidade está a desenvolver para paliar a situación de emerxencia dos nenos que viven en Libia.

 

“Queremos neste Día Mundial da Infancia formar parte deste chamamento mundial a favor dos máis pequenos do mundo, sobre todo dos máis vulnerables e das asociacións e organizacións que traballan para o seu benestar” asegurou o presidente provincial. Neste eido, Luis López recordou que “todos os nenos teñen dereito á saúde, á protección, á educación, independentemente do lugar do mundo no que teñan nacido. Sen embargo, non todos teñen estes dereitos garantidos e debemos traballar para protexelos e para que todos os nenos do mundo teñan un futuro mellor”.

 

A axuda de 10.000 euros que acaba de aprobar a Deputación de Pontevedra para UNICEF está encamiñada a contribuír co traballo que a entidade desenvolve en Libia. En concreto, a axuda irá destinada cara o este deste país no que se estima que case 300.000 nenos estiveron expostos á tormenta Daniel e precisan asistencia humanitaria tralos danos sufridos en vivendas, hospitais, escolas e outras infraestruturas esenciais. Nesta zona UNICEF está a proporcionar subministracións de emerxencia, preparando unha campaña de vacinación contra o sarampelo, subministrando suplementos de vitamina A e alimentos, enviando equipos sanitarios móbiles, a desenvolver traballos para previr o brote de enfermidades transmitidas pola auga tralas inundacións, a establecer espazos temporais de aprendizaxe e a proporcionar apoio psicosocial e de saúde mental úrxente aos nenos afectados pola tormenta.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.