Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 09:43:19 horas

Xornal21.es
Miércoles, 22 de Noviembre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación destaca na accesibilidade en web e sede electrónica

As plataformas acadaron 9,74 e 9,31 puntos, respectivamente, na iteración do Observatorio de Accesibilidade Web do Goberno estatal

A Deputación de Pontevedra acaba de ver recoñecida a accesibilidade do seu portal web institucional e a súa sede electrónica, acadando respectivamente unhas puntuacións de 9,74 e 9,31 puntos sobre 10 na cuarta iteración realizada polo Observatorio de Accesibilidade Web pertencente ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital do Goberno de España. A revisión realizouse o pasado mes de xullo coa metodoloxía do seguimento simplificado UNE-EN 301549:2022.

 

No caso da puntuación obtida polo portal web, esta nota supón un incremento de 1,1 puntos respecto ao resultado anterior, mentres que a sede electrónica é a primeira vez que participa nesta análise. O portal institucional sitúase deste xeito na novena posición dos 750 sitios web analizados correspondentes a entidades locais, unha importante mellora desde a posición número 58 da análise anterior. Ademais, no caso das deputacións provinciais este recoñecemento é aínda mellor ao acadar a quinta mellor nota (11 na análise anterior), e a sede electrónica inicia a súa verificación nas posicións 42 e 8 desas mesmas categorías, respectivamente.

 

Todas as páxinas analizadas do sitio web da Deputación de Pontevedra acadaron o máximo nivel de adecuación (AA). Pola súa banda a sede electrónica, con algún erro detectado en canto a accesibilidade no que xa está a traballar o persoal técnico da institución provincial, acadou tamén o nivel AA na valoración do seu conxunto.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.