Martes, 10 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 10 de Marzo de 2026 a las 16:46:50 horas

Xornal21.es
Lunes, 20 de Noviembre de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

Festival Benéfico de Cáritas Louriña

A gala solidaria celebrarase o vindeiro sábado desde as 19:30 h con entradas a 10€ e fila cero a 5€

A directiva de Cáritas Louriña (Mos, O Porriño e Salceda de Caselas) reuniuse esta mañá coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, para presentar o Festival Benéfico que celebrarán o vindeiro sábado 25 de novembro desde as 19:30 horas no Pavillón 2 de O Porriño.


O Festival será presentado polas xornalistas naturais e veciñas da Louriña, Icía Alcalde e María Díaz.


De 19:30 a 20:00 horas o espectáculo comezará coa actuación/animación a cargo dun D.J. e a partir das 20:00 horas actuarán Uxía, Xeración "M", "Niño Lobo", Antonio Barros e lalma, Noemí, Raúl Ben, Carla e Javi Casal "Jay Doe".


Desde a dirección de Cáritas Louriña apuntan que “tamén haberá intervencións especiais e algunha sorpresa máis”.


O prezo das entradas en concepto de cuota de colaboración a favor de Cáritas Louriña é de 10 euros. Os menores de 10 anos poden asistir gratis e sempre acompañados dun adulto. A aportación para a "Fila cero" (non asistencia) é de 5 euros. Tamén se aceptan outras aportacions por Bizum 08323 especificando no concepto: FESTIVAL.


Esta iniciativa solidaria está organizada polo Equipo de Cáritas Louriña e a Fundación Trabajo y Dignidad.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.