VIGO
Ana Ortiz defende a formación nas idades máis temperás para fomentar a igualdade
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo visitou este luns as instalacións de Mulleres en Igualdade con motivo dos actos do vindeiro 25-N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, mantivo onte luns unha xuntanza coas responsables da Asociación Mulleres en Igualdade con motivo dos actos do 25-N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A representante autonómica animou ao colectivo a continuar traballando para erradicar calquera tipo de violencia e fomentar a igualdade.
“A única cifra admisible de vítimas é cero, e para iso temos que fomentar a formación e a educación desde as idades máis temperás, co obxectivo de ensinar a nenos e nenas o respecto pola igualdade e o rexeitamento de todo tipo de violencia”, apuntou a delegada territorial.
Ana Ortiz tivo oportunidade de coñecer os novos proxectos e a actividade que está a desenvolver a asociación na cidade. Neste contexto, a representante autonómica sinalou que a colaboración coas distintas entidades faise imprescindible para, entre todos, acabar coa violencia de xénero.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22