O PORRIÑO
Festival benéfico de Cáritas
O evento organizado por Cáritas Louriña e a Fundación Trabajo y Dignidad celebrarase o sábado 25 de novembro, a partir das 19:30 h, na pista dous do pavillón municipal
O vindeiro sábado, 25 de novembro, a segunda pista do pavillón municipal do Porriño acollerá o Festival Benéfico organizado por Cáritas Louriña e a Fundación Trabajo y Dignidad. O evento, que conta coa colaboración do Concello do Porriño, permitirá recadar fondos para que estas entidades poidan continuar coa súa labor benéfica de axuda ás persoas que se atopan en situación de vulnerabilidade.
A gala dará comezo ás 19:30 h cunha actuación/animación con dj. A partir das 20 h comezarán os concertos, todos eles de artistas locais relevantes como Xeración M, Uxía, Niño Lobo, Antonio Barros e Ialma, Noemí, Raúl Ben, Carla, Javi Casal “Jay Doe” e intervencións especiais e sorpresas que non podemos desvelar. Icía Alcalde e María Díaz serán as condutoras da gala.
A entrada será de 10 euros e gratis para os menores de 10 anos que vaian acompañados dun adulto. Dispúxose tamén unha fila cero a 5 euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149