Martes, 10 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 10 de Marzo de 2026 a las 21:51:16 horas

Xornal21.es
Jueves, 23 de Noviembre de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

O acto central contra a violencia de xénero terá lugar en Puxeiros

Alcaldesa e concelleiro de Igualdade informan da iniciativa que terá lugar o vindeiro venres, 24 de novembro, ás 12h

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Igualdade mosense, Leo Costas, lembraron  o acto conmemorativo e lectura do manifesto contra a violencia de xénero que se levará a cabo o vindeiro venres 24 ás 12h no Campo da Feira en Puxeiros, ao tempo que solicitaron a maior afluencia da veciñanza para reivindicar a erradicación desta durísima lacra social.

 

Durante o acto permanecerá instalada a carpa do CIM, Centro de Información á Muller de Mos, e, ao longo da Avenida de Puxeiros, estarán ubicadas nas xardineiras siluetas femininas cos nomes das vítimas deste ano. Diferentes asistentes ao encontro collerán unha flor que, tras facer o pertinente percorrido, deixarán depositada xunto a cada silueta.

 

Haberá 52 siluetas cos seus respectivos nomes, en homenaxe ás 52 vítimas en España durante este ano.

 

Terminado o percorrido regresarase ao Campo da Feira para dar lectura ao manifesto conmemorativo. A encargada de lelo será Marta Pereiro, Policía Local de Mos.

 

No acto participarán como convidados diferentes colectivos culturais, Asociacións de Veciños, centros educativos, Asociación de Empresarios de Mos, AEMOS, etc.

 

Ademais o Concello de Mos tinguirá desde mañá de morado a súa iluminación nocturna e a partires do xoves, todos edificios municipais, colexios e campos de fútbol municipais van ter unha silueta dunha muller en representación dunha vítima co lema “non somos siluetas, somos vítimas”; lema empregado na campaña municipal do 25N deste ano.

 

Programación organizada polo Concello de Mos para conmemorar o 25N
O CIM de Mos, con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da Violencia contra a muller, organiza este ano 2023, no que os casos no que vai de ano xa superan os casos de violencia do ano pasado, sendo una realidade durísima que nos ten que facer reflexionar sobre a importancia na prevención e sensibilización da sociedade contra a violencia machista, unhas accións e actividades neste eido dirixidas especialmente á xuventude e á poboación xeral.


As iniciativas organizadas son: hoxe 21 de novembro, tivo lugar unha chala informativa sobre agresións sexuais e violencia sexual no IES de Mos, concedida pola Secretaría Xeral de Igualdade. O 24 de novembro, ás 12:00h, acto de homenaxe e minuto de silencio en recordo das vítimas de violencia, en Puxeiros. 29 de novembro, charla a cargo de Noelia Míguez para o alumnado do IES. O 1 de decembro, charla para familias de María Couso, Licenciada en Pedagoxía e fundadora de PlayFunLearning, ás 18:30h. E ademais no mes de decembro realizaranse obradoiros nos centros educativos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.223

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.