Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 18:38:33 horas

Xornal21.es
Jueves, 23 de Noviembre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Educación supervisa a primeira fase de obras do Instituto Valle-Inclán

O xefe territorial da Consellería en Pontevedra avanzoulle ao equipo directivo a convocatoria da terceira reunión da comisión de seguimento para o xoves día 30

O xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades na provincia de Pontevedra, César Pérez Ares, acompañado do equipo técnico de obras, visitou esta semana o Instituto IES Valle-Inclán para comprobar o desenvolvemento dos traballos da primeira fase de reforma que se están levando a cabo neste centro.

 

A visita tamén serviu para comprobar a correcta colocación dos vinilos nas aulas móbiles, dando así resposta a unha demanda da comunidade educativa para preservar a intimidade do alumnado e do profesorado que utiliza estes módulos mentres se desenvolven os traballos. Atendendo ás peticións realizadas polo equipo directivo, tamén se colocaron timbres, sirenas e unha porta de seguridade.

 

Así mesmo, César Pérez Ares comprobou que as obras desta primeira fase de reforma do instituto están avanzando a bo ritmo e segundo a planificación prevista. Nestes momentos xa se acometeu o reforzo estrutural nos forxados do chan das tres plantas e están desmontados os falsos teitos. A partir disto, vaise proceder ao acabado dos solos, paredes, teitos e instalación eléctrica das nove aulas desta primeira fase. No semisoto continuarase cos acabados do chan e do teito e dos vestiarios así como cos traballos de albanelería nos tabiques de distribución de interiores.

 

Información periódica á comunidade educativa
O representante da Consellería en Pontevedra aproveitou para comunicarlle ao equipo directivo a convocatoria dunha nova reunión da comisión de seguimento -a terceira deste tipo que se celebra- para o xoves día 30 deste mes, onde  tanto o propio centro como as familias poderán recibir información de primeira man sobre o desenvolvemento da obra así como manifestar todas as consideracións que estimen pertinentes.

 

Cómpre lembrar que a creación desta comisión, con reunións periódicas, foi un compromiso da Xunta para, entre representantes da Consellería, do centro e das familias, avaliar e abordar periodicamente calquera cuestión que poida xurdir ao longo do tempo que duren as obras.


Cun importe de 4,7M€ e un prazo de execución de 16 meses, a rehabilitación integral no Instituto Valle-Inclán supón actuar na totalidade deste edificio histórico. É a maior obra nestes momentos nun centro educativo galego.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.