PROVINCIA
Luis López recibe a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e tende a man da Deputación
O presidente provincial repasou coa rexedora os principais proxectos que o goberno local quere executar neste mandato nunha reunión de traballo que tivo lugar no Pazo Provincial
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López; recibiu á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, para coñecer o proxecto que a rexedora ten para o presente mandato e explorar vías de colaboración entre ambas as administracións para levar a cabo proxectos de interese mutuo.
Os dous dirixentes analizaron as necesidades do Concello de Mos en materia de infraestruturas deportivas, os plans para a humanización de diversas rúas e o apoio e programación de eventos culturais no municipio ao longo dos próximos anos.
Pola súa banda, o presidente Luis López reiterou a vontade da Deputación para escoitar as necesidades dos 61 concellos da provincia e colaborar naqueles proxectos que os gobernos locais teñen marcados como prioritarios. Neste sentido, recordou o mandatario provincial a aprobación do Orzamento da Deputación, que destina un de cada tres euros en apoio directo aos concellos e que inclúe o plan +Provincia, dotado con 48,2 millóns de euros e cunha nova liña deseñada para a execución de proxectos transformadores como os presentados pola rexedora.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163