Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 16:48:44 horas

Xornal21.es
Miércoles, 22 de Noviembre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A mostra da Deputación “Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar” chega ao colexio NS Esperanza de Vigo

A exposición, promovida pola institución provincial e a Universidade de Vigo, poderá visitarse ata o vindeiro 14 de decembro na biblioteca do centro escolar

A mostra “Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar” chega este xoves, 23 de novembro, ao colexio NS Esperanza de Vigo. Esta iniciativa, promovida pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa Universidade de Vigo para darlle visibilidade ao papel da muller no ámbito mariño, poderá visitarse ata o día 14 de decembro na biblioteca do centro escolar.

 

A mostra afonda no papel destacado, e moitas veces invisibilizado, que as mulleres tiveron ao longo da historia na sustentabilidade do mar e no uso responsable dos recursos mariños. Desta maneira, recóllense oficios das mulleres do mar, desde 1914 ata a actualidade, comezando polos máis antigos, como os de mariscadora ou redeira, ata as investigadoras mariñas, pasando por aquelas que traballaron na salga e na conserva. Para amosar os contidos a exposición está composta por vídeos e fotografías, así como imaxes, moitas delas inéditas, que serven para recuperar nas aulas o saber das mulleres do mar e promover a igualdade e a acción positiva entre os futuros profesionais e científicos.

 

Ademais de inaugurar a exposición, o xoves tamén terán lugar dous obradoiros, impartidos pola profesora da Universidade de Vigo Tamara Amorín, dirixidos ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria do centro escolar. Consistirán nun percorrido guiado e interactivo polos paneis da exposición, para posteriormente levar a cabo unha actividade de simulación 3D para observar a Terra desde o espazo, así como recadar información sobre os océanos, a importancia do mar para a sustentabilidade e a supervivencia do planeta no que habitamos.

 

A mostra chega ao NS Esperanza de Vigo despois de pasar por múltiples lugares da provincia como A Guarda, Redondela, Vigo, Cangas, O Rosal, Cambados, Nigrán, Poio, Mondariz ou Pontevedra. Tamén foi exposta no campus de Ourense da Universidade de Vigo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.