PROVINCIA
A Deputación renova o servizo de retirada de vehículos abandonados nos concellos de menos de 50.000 habitantes
A institución provincial aproba o convenio para a nova prestación do servizo, ao que se teñen que adherir os concellos, dotado de 22.000 euros para 2024 e 2025
A Deputación de Pontevedra renova o convenio para a prestación do servizo de retirada de vehículos abandonados nos concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, previa adhesión destes. O contrato actual do servizo, que se realiza a través dunha empresa externa, rematará o 31 de decembro do presente ano, polo que a institución provincial acaba de aprobar a súa continuación por outros dous anos (prorrogable por dúas anualidades máis) e cun investimento inicial de 22.000 euros para 2024 e 2025.
O servizo licitarase e a empresa que resulte adxudicataria encargarase, entre outras cuestións, da recollida e transporte dos vehículos que se consideren residuos domésticos e que se atopen en vías públicas, cunetas, montes, espazos privados ou depósitos dos concellos nun prazo máximo de 5 días desde o requirimento do concello. Despois, someteranse a procesos de desmonte e descontaminación, entregando os residuos derivados a xestores autorizados para tratar vehículos ao final da súa vida útil.
A retirada e posterior xestión dos vehículos abandonados é unha competencia municipal. A Deputación de Pontevedra, como administración que garante que se presten adecuadamente estes servizos no conxunto do territorio da provincia, renova o seu compromisos cos concellos ao ofrecerlles esta solución que implica que non se teñan que facer cargo economicamente deste servizo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163