GALICIA
A Federación de Librarías de Galicia pecha o 2023 cun aumento de socios
A entidade encara o peche do ano con 147 librarías federadas e cun balance positivo da súa actividade pública, especialmente no relativo ás Feiras do Libro
Un ano en positivo, enchido de traballo e con moitos retos por diante. Así valora a directiva da Federación de Librarías de Galicia o 2023 que está a piques de rematar. Co peche administrativo do ano á volta da esquina a entidade galega fai balance e enfronta o 2024 cos datos positivos de 2023 como punto de partida.
“Rematamos o ano con máis librarías federadas que nunca, cun total de 147 librarías socias, o que permite á federación erixirse como entidade representativa dentro do sector. Dende pequenas librarías independentes ata librarías de gran volumen, as catro pronvincias están agora mesmo altamente representadas na Federación, e iso é un triunfo do asociacionismo e do traballo colectivo”, apuntan dende a directiva.
O balance de actividade é tamén positivo. Ás xornadas de formación para profesionais desenvolvidas ao longo do ano súmanse as dúas iniciativas máis públicas da entidade.
Dunha banda, as Feiras do Libro de Galicia, que este ano contaron con catorce municipios participantes e cuxas cifras de participación e vendas aumentaron con respecto ao 2022: 641 sinaturas de libros, 81 máis que de 2022, cunha asistencia final de 7850 persoas, 1749 máis que no ano anterior, un total total de 294 actividades, nas que participaron 8615 persoas, 22 actividades e 2097 asistentes máis que no 2022. Ademáis, o 90% das librarías particiantes apuntan vendas un 5% por riba dos datos do ano pasado.
Doutra banda, a posta en marcha dunha nova iniciativa, o Axenda Cultural de Librarías de Galicia, que ás librarías socias publicitar as súas actividades públicas, dende presentacións a sinaturas, pasando por clubes de lectura ou talleres creativos, de forma sinxela e eficiente. O lector pode acceder a través da propia web da federación, no apartado Axenda, e coñecer as actividades da súa libraría de referencia, ou localizar as que máis lle interesen por temática, provincia, localidade ou mesmo data.
“En xeral, o sector goza de boa saúde, pero queda moito por traballar”, apuntan dende a directiva da Federación “é preciso seguir traballando na liña da divulgación, e facer forte o asociacionismo e a unión dentro do sector”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149