VIGO
Consumo pon todas as súas ferramentas a disposición dos pasaxeiros do voo Vigo-Madrid de Air Nostrum
A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, respondeu no Pleno unha pregunta sobre as accións realizadas desde o Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) ao respecto
A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, informou no pleno do Parlamento galego de que a Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), ten todas as súas ferramentas a disposición dos preto dun centenar de pasaxeiros afectados pola denegación do embarque no voo Vigo-Madrid de Air Nostrum do pasado 4 de novembro en Peinador.
Tal e como explicou, a resposta do IGCC foi áxil para conseguir a más rápida restitución dos dereitos dos afectados. Neste sentido, publicouse información específica na páxina web consumo.xunta.gal; realizouse tanto asesoramento presencial nas sete cidades galegas como telefónico no número gratuíto 900 23 11 23; e ofrecéronse modelos de formularios para a presentación de reclamacións.
Por outra parte, a inspección do Instituto Galego do Consumo e da Competencia remitiu requirimento de información ás compañías -Air Nostrum Líneas Aéreas do Mediterráneo SAU e Iberia LAE SA, como operadora do voo- para valorar a existencia de infraccións administrativas ou doutro tipo en materia de consumo para, no seu caso, esixir responsabilidades. Ademais, mantense unha colaboración permanente coa Fiscalía de Vigo.
Lorenzana subliñou que Galicia conta cunha normativa en materia de consumo avanzada e eficaz. Nos nove primeiros meses deste ano atendéronse 29.398 consultas, recibíronse 17.431 reclamacións e abríronse 994 expedientes sancionadores por importe de 7,5 M€.
Os orzamentos da Comunidade para 2024 perseguen reducir nun 20% os tempos de tramitación das reclamacións da cidadanía e incrementar a axilidade na eficacia e eficiencia na resolución de conflitos. Para conseguilo, promoverase a dixitalización do Instituto Galego do Consumo e da Competencia e seguirase investindo no asesoramento, acompañamento, información e apoio presencial e a distancia das persoas consumidoras para seguir acompañándoas na defensa dos seus dereitos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22