VIGO
Rueda anuncia a apertura en 2024 do Centro Integral de Saúde Olimpia Valencia
Salienta que será un inmoble “moderno e adaptado as necesidades” da medicina de hoxe e a dos vindeiros anos
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou que o Goberno galego consolida o seu compromiso coa mellora da atención primaria en Vigo co novo Centro Integral de Saúde (CIS) Olimpia Valencia no barrio das Travesas, que comezará a funcionar a finais do ano que vén e dará servizo a 42.000 persoas.
A nova infraestrutura sanitaria permitirá concentrar nun mesmo edificio servizos que ata agora estaban espallados pola cidade e contará co último en tecnoloxía. En concreto, o CIS Olimpia Valencia vai integrar a atención primaria ordinaria, a atención urxente e distintos servizos especializados como fisioterapia, odontoloxía ou farmacia. Tal e como explicou Rueda vai ser un “centro de saúde moderno” e adaptado “non só as necesidades de agora” senón tamén a medicina dos vindeiros anos.
A Xunta inviste 14,8 millóns de euros neste novo centro de máis de 7.000 metros cadrados que estará situado no edificio que anteriormente ocupaba a Audiencia Provincial -trasladada á Cidade da Xustiza- e que agora está a ser remodelado para adaptarse as necesidades dun centro sanitario. O presidente fixo fincapé en que este inmoble permitirá “dar unha segunda vida” ao antigo edificio xudicial e manterá “a actividade” no barrio das Travesas.
O primeiro centro destas características que botou a andar en Galicia foi o construído no barrio da Residencia de Lugo e cuxo PAC comezou a funcionar esta mesma semana. Así mesmo, o segundo en poñerse en marcha será o de Lalín e comarca de Deza, cuxas obras están a piques de rematar. Neste sentido, a Xunta quere seguir trasladando este modelo de atención sanitaria ao resto da comunidade e por iso xa está elaborado o proxecto arquitectónico do CIS de Ourense e hai previsión de dotar deste servizo as comarcas de Bergantiños e O Morrazo. “É un modelo que funciona e que axuda a modernizar a nosa sanidade”, resaltou o presidente.
Estas obras enmárcanse na aposta da Xunta por reforzar a atención primaria para ofrecer unha mellor calidade asistencial aos pacientes e adaptar as infraestruturas ás novas necesidades da medicina. Nesta liña, Rueda resaltou que o Goberno galego leva investidos máis de 130 millóns de euros desde 2009 na reforma e construción de 115 centros de saúde e outros 30 millóns na renovación ou ampliación dos equipos diagnósticos en atención primaria.
Rueda resaltou o compromiso da Xunta coa atención primaria en Vigo ao investir 6,5 millóns de euros na posta en marcha de tres novos centros de saúde desde 2018 -Navia, Taboada Leal e Bouzas- e crear 22 novas prazas de persoal sanitario nos centros da cidade (médicos, enfermeiros ou fisioterapia) desde comezo desta lexislatura.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22