Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 10 de Marzo de 2026 a las 22:10:21 horas

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 24 de Noviembre de 2023 Tiempo de lectura:

Mos celebra o acto central contra a violencia de xénero en Puxeiros

Hoxe, véspera do 25N, ás 12h no Campo da Feira, a localidade de Mos reuníuse para denunciar e condenar a violencia de xénero nun emotivo acto que contou coa participación activa da veciñanza.

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, comezou o acto expresando o pesar polo recente suceso dunha muller asasinada no Porriño e condenou de maneira rotunda a violencia machista. "Mos e a súa veciñanza estamos consternados ante esta dura noticia", sinalou.

 

Durante o evento, permaneceu a carpa do CIM, Centro de Información á Muller de Mos, e ao longo da Avenida de Puxeiros, siluetas femininas exhibían os nomes das 52 vítimas deste ano en España. Asistencia e solidariedade materializáronse coa entrega de rosas de Mos, deixadas en cada silueta en recordo ás vítimas.

 

Martas Pereiro, Policía Local de Mos, foi a encargada de dar lectura ao manifesto conmemorativo ao rematar o percorrido, que contou coa participación de colectivos culturais, asociacións de veciños, centros educativos e AEMOS, a Asociación de Empresarios de Mos.

 

O Concello de Mos vistiu de morado a súa iluminación nocturna e instalou siluetas en edificios municipais, colexios e campos de fútbol, todas elas co lema "non somos siluetas, somos vítimas", unha afirmación que ecoa na campaña municipal do 25N deste ano.

 

Programación organizada polo Concello de Mos para conmemorar o 25N

O CIM de Mos, en conmemoración ao Día Internacional da eliminación da Violencia contra a muller, ofrece diversas actividades nun esforzo por concienciar á sociedade sobre esta dura realidade. Coa incidencia dos casos de violencia deste ano superando os do pasado, a prevención e sensibilización volven ser cruciais.

 

Entre as actividades destacan unha chala informativa sobre agresións sexuais e violencia sexual no IES de Mos, un acto de homenaxe en Puxeiros, unha charla para alumnado do IES a cargo de Noelia Míguez o 29 de novembro, e outra charla para familias de María Couso o 1 de decembro. Ademais, no mes de decembro, realizaranse obradoiros nos centros educativos. Un compromiso continuo na loita contra a violencia machista.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.120

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.