O pleno da Deputación de Pontevedra aprobou este venres en sesión plenaria ordinaria o expediente de contratación para un acordo marco que regulará o mantemento da rede de estradas de titularidade provincial, que suporá un investimento de 4,4 millóns anuais. O acto que tivo lugar no salón de plenos do Pazo provincial serviu tamén para aprobar definitivamente a modificación do cadro de persoal e a relación de postos de traballo do organismo provincial, así como a prórroga do Plan Concellos correspondente á anualidade do 2022, unha addenda ao convenio entre a Deputación e o Concello de Pontevedra para a construción do viario perimetral do Hospital Montecelo ata finais do ano 2024 e, finalmente, o cambio de titularidade de dous treitos de estradas provinciais que pasarán a pertencer aos concellos das Neves e O grove, respectivamente.
Durante o debate, aprobáronse tamén dúas mocións presentadas polos grupos políticos. A primeira, presentada polos populares, consistía en instar ao Goberno central a axilizar os pagos aos concellos da provincia de Pontevedra beneficiarios das axudas do IDAE e do programa Edusi. Mentres que os socialistas aprobaron a súa petición para instar á Deputación a ofrecerse a acoller persoas migrantes nas instalacións de Príncipe Felipe, proposta na que o grupo popular abstívose pola negativa dos socialistas de aceptar unha emenda na que os populares demandaban unha mellor coordinación por parte do Goberno coas administracións locais.
O primeiro ponto de debate na orde do día centrouse na aprobación do expediente de contratación mediante procedemento aberto do “Acordo Marco para a contratación das obras de conservación de firmes na rede viaria da Deputación de Pontevedra”, cun orzamento base de licitación de 4,4 millóns de euros. Un proxecto que divide os viarios da provincia en seis lotes e que contempla a aprobación de ata tres prórrogas anuais. Igualmente aprobada foi a resolución de alegacións e aprobación definitiva da modificación do cadro de persoal e relacións de postos de traballo. As alegacións presentadas foron desestimadas co respaldo dos técnicos da Deputación e mantense, como no expediente inicial aprobado no pleno de setembro, o encadramento das prazas de auxiliar técnico xurídico na escala de administración especial.
Por unanimidade saíron adiante os acordos para a prórroga da vixencia durante un ano máis, ata o 31 de decembro do 2024, da anualidade correspondente ao 2022 do Plan Concellos e do convenio entre a Deputación e o Concello de Pontevedra para a construción do novo viario que rodeará o Hospital Montecelo. No primeiro caso, a razón que levou a plantexar esta solución foi o elevado número de investimentos que están pendentes de xustificar, mentres que no segundo, débese á imposibilidade de rematar a obra no prazo establecido. Tamén houbo acordo total á hora de aprobar a transferencia ao Concello das Neves do treito inicial da EP-4204 que conecta o núcleo das Neves coa Estación, así como de catro treitos antigos da EP-9101 que pasan a mans do Concello do Grove.
A sesión rematou coa aprobación da moción presentada polo grupo popular, que contou co apoio dos deputados do BNG e a abstención dos socialistas, na que se acordou solicitar ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico a axilización dos pagos das subvencións de todos os programas de eficiencia enerxética aos concellos beneficiarios da provincia de Pontevedra que teñan os investimentos e programas executados, xustificados e certificados e que acometa a transferencia destes fondos antes de que remate o presente ano 2023. Unha petición que fan extensible ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para a axilización dos pagos das subvencións concedidas ao
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163