Martes, 03 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 02 de Marzo de 2026 a las 20:03:27 horas

Xornal21.es
Lunes, 27 de Noviembre de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A Xunta inaugura o polo de emprendemento do Porriño

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou no acto de presentación, destacando que o conxunto da Rede -que acadará os 15 centros ao remate do ano- atendeu ata agora arredor de 900 persoas emprendedoras

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, acompañada da delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou hoxe no acto de inauguración do Polo de emprendemento e apoio ao emprego do Porriño, que eleva a doce o número destes centros activos en toda a Comunidade e a dous os dispoñibles na provincia de Pontevedra, tras o de Silleda.  


Durante a súa intervención, a conselleira sinalou que o novo Polo do Porriño confirma a aposta da Xunta de Galicia por xerar riqueza pegada ao territorio, cunha “boa práctica recoñecida en Europa para fomentar o emprendemento dunha forma completa, sen límite de tempo e de forma gratuíta”.


Malia que hoxe é a inauguración oficial, este Polo ten asesorado xa desde o mes pasado máis de medio cento de persoas cos seus respectivos proxectos, sendo mulleres o 61%. A estas persoas emprendedoras prestáronselles case un cento de titorías, para darlle un pulo aos seus negocios, entre os que dominan as iniciativas relacionadas coa educación, o comercio e a hostalaría.


Canto ao conxunto da Rede, que se puxo en marcha en xullo do ano pasado, Rivo destacou que se atenderon xa arredor de 900 persoas, coas que se realizaron máis de 2.500 sesións de titorización. Entre os seus negocios, predomina o comercio ou a hostalaría, pero tamén o sector primario.


Na súa intervención, a conselleira puxo en valor que a Rede de polos xorde para ofrecer un acompañamento continuado das persoas emprendedoras en cada unha das fases polas que vaian pasando os seus proxectos. A finalidade é acadar os 15 centros activos ao remate do ano, para cubrir o cen por cento do territorio galego. No caso da provincia de Pontevedra, prevese a posta en marcha -a maiores dos de Silleda e O Porriño- do de Vilanova de Arousa.


Cómpre engadir que o orzamento para darlle un pulo ao emprendemento increméntase nun 51,6% o ano que vén con respecto a este 2023, ata acadar os 30,6 millóns de euros. Dentro dese importe, inclúese 2,72 millóns para o mantemento dos Polos e 7 millóns en axudas para proxectos postos en marcha ao abeiro da Rede.


Así mesmo, cabe destacar os 10,5 millóns de euros de axudas para apoiar o inicio e a consolidación de iniciativas de emprendemento; os 2,2 millóns para a posta en marcha do Centro de Orientación, Emprendemento, Acompañamento e Innovación para o Emprego; 1,8 millóns para unha bolsa de substitución de negocios que garanta a remuda xeracional e a continuidade das empresas e case 1 millón para actuacións con entidades de cara ao fomento do emprendemento. Así mesmo, implementarase a Estratexia galega de emprendemento, cun impulso coordinado con todos os axentes implicados.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.