Lunes, 01 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 28 de Noviembre de 2023 Tiempo de lectura:
OIA

Luis López remarca o investimento de case un millón de euros para un centro sociocultural en Oia

O presidente da Deputación de Pontevedra realizou este luns a súa primeira visita institucional ao Concello de Oia para asinar, coa alcaldesa Cristina Correa, un convenio de colaboración enmarcado no programa PON2030

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a alcaldesa de Oia, Cristina Correa, asinaron este pasado  luns un convenio de colaboración enmarcado no Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030 (PON2030) a través do cal o goberno provincial financiará con máis de case 400.000 euros, o 40 % do orzamento, os traballos para a rehabilitación do mercado de Oia. O Concello, pola súa banda, achega o 60 % do total (590.000 euros). O acordo asinouse na primeira visita institucional do mandatario provincial a este concello, un encontro no que López puxo en valor o traballo realizado polo equipo de goberno e aplaudiu a execución deste tipo de proxectos que transforman os equipamentos municipais e ofrecen mellores servizos a cidadanía.

 

 

A obra, valorada nun total de 982.000 euros, servirá para a recuperación dun mercado singular no centro do municipio. Un proxecto que converterá este inmoble nun espazo de encontro para a cidadanía que integrará arte, cultura e comercio. Os traballos centraranse na creación dun espazo central diáfano e dun graderío que permitirá a organización de eventos e a asistencia de espectadores. Ademais, o proxecto contempla a restauración da cuberta respectando o deseño orixinal a oito augas, a substitución da estrutura de aceiro por unha de madeira, a apertura de catro portas, unha en cada fachada; e a conservación das aberturas orixinais na fachada e na cuberta para dotar de iluminación natural a un edificio que verá mellorada tamén a súa conexión coa fachada marítima.

 

Segundo recolle o convenio, as obras deberán estar rematadas antes do 30 de abril de 2025. A sinatura deste protocolo entre Deputación e Concello de Oia realízase coa modificación das bases do programa PON2030 xa en vigor. Unha modificación que fai compatible a achega da Deputación coas subvencións doutras administracións sen que o montante concedido ao Concello polo goberno provincial se vexa reducido.

 

A deste luns, foi a primeira visita institucional de Luis López a Oia como presidente da Deputación e quixo agradecer a remarcar o compromiso do goberno provincial para escoitar as necesidades do Concello, respectar a autonomía do goberno local á hora de escoller que obras levar a cabo e a apoiar proxectos transformadores.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.169

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.