VIGO
Nikko, mellor tapa de Vigo nunha disputada final do Petisquiño
O espazo gatronómico especializado en cociña xaponesa convence ao xurado cun bocado a base de carabineiro
Nikko, espacio gastronómico logrou, co seu Nigiri crokketa de carabinero, o premio á mellor tapa na novena edición do Petisquiño. Na final, celebrada esta mañá no hotel Pazo Los Escudos, á que chegaron dez tapas; o xurado valorou a calidade e creatividade da proposta gañadora nun concurso moi disputado “polo excepcional nivel dos participantes”. “Estamos moi orgullosos do traballo de todos os concursoantes porque iso quere dicir que esta cidade ten unha altísima calidade na súa cociña”, subliñou na entrega de premios a coordinadora do Petisquiño, Celia Cabrera.
O presidente da Federación Provincial de Hostelería de Pontevedra, César Sánchez-Ballesteros, gabou tamén o bo traballo da edición deste ano, lembrou que o vindeiro será a décima edición co que a participación será maior, e lamentou a ausencia de La Carpintería, establecemento que participaba habitualmente no concurso, pero que veuse obrigado a pechar as súas portas recentemente por motivos de saúde: “Quero facer unha mención para eles e desexarlles o mellor”, afirmou Ballesteros. Pola súa banda, Ángel Rivas, concelleiro de Comercio, abondou no traballo realizado polos concursantes e, especialmente do vencedor, coa vista posta no concurso nacional de tapas, á que deberá acudir Nikko representando a cidade.
Os dez establecementos que cheraron á final ademais do gañador absoluto foron: Aplomo, que presentou Solomillo de caballa ahumado; Casino de Vigo, con Outono; Costera MX Oyster Bar, con Recuerdos de Acapulco; Enxebre, con Donuts de cocido; Ciudad de Vigo, con Bavaca; Entreplanta del 13, con Brocheta de otoño; Leria Cervexaría, con Alén Mar; Niño Corvo, con Casi un taco de salmón; e Sukha Funk, con Muñeira brava. Todos eles foron as tapas mellor valoradas das 7.000 servidas ao longo dos dazasete días que durou o concurso de tapas de Vigo.
Ademais, concedéronse varios accésits e catro mencións honoríficas que foron para Costera MX, en quinto lugar; Casino de Vigo, en cuarto, Niño Corvo, en terceiro lugar, e Enxebre, en segundo. O accésit á tapa máis popular foi para Sukha Funk, o da tapa con mellor maridaxe cun cóctel (elaborado con calquera variedade de Royal Bliss), para O Croque; á que mellor marida co viño Ponte de Boga, para Aplomo; á mellor elaborada con produtos de mar, para Niño Corvo, e a mellor elaborada con produtos cárnicos, para Casino de Vigo.
O local gañador absoluto competirá no Campeonato Nacional de Tapa e Pincho organizado por Hostelería de España e representará a Vigo no campionato autonómico organizado pola Xunta de Galicia.
O Petistiquiño está organizado pola Federación Provincial de Hostelería de Pontevedra, co patrocinio do Concello de Vigo e conta coa colaboración de Estrella Galicia, Coca-cola, Ponte de Boga e a Convention Bureau.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22