Viernes, 10 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 16:56:36 horas

Xornal21.es
Miércoles, 29 de Noviembre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Areeiro centro de referencia e diagnose de pragas e enfermidades forestais en Galicia

Na xuntanza, celebrada de xeito telemático, fíxose balance das análises realizadas no 2023 que se centraron, principalmente, en enfermidades que afectan ao castiñeiro

O deputado provincial de Reto Demográfico, Xuventude e Desenvolvemento Rural, Jorge Cubela, participou na Comisión de Seguimento da Unidade Mixta de Xestión de Pragas e Enfermidades Forestais que a Deputación ten en marcha xunto á Consellería de Medio Rural e dende a que se están a estudar, entre outras, as enfermidades que afectan ao castiñeiro. Na xuntanza, Cubela remarcou o papel central de Areeiro como centro de referencia e diagnose de pragas e enfermidades en Galicia, ao encargarse da análise fitopatolóxica e do estudo das mostras que a Xunta envía das parcelas da rede de avisos.

 

 

“É fundamental sumar sinerxías para coñecer a saúde e vitalidade dos montes galegos e avanzar no control de enfermidades que están a causar danos nas árbores e tamén na economía da nosa contorna”, asegurou o deputado provincial. Tamén resaltou Cubela a relevancia da Unidade Mixta de Xestión de Pragas e Enfermidades Forestais da Deputación e da Xunta para “establecer un sistema administrativo de alerta e consulta rápida, con información valiosa para o control biolóxico de pragas e doenzas da masa forestal”.

 

Ao longo do ano 2023 esta unidade mixta desenvolveu, principalmente, estudos relacionados co castaño. “Entre outros moitos traballos fixemos –asegurou o deputado – unha análise de mostras de ourizos, para ver de onde proviña toda a perda que se deu na castaña durante este outono”. Deste xeito, Areeiro encargouse de analizar fungos como o Cryphonectria parasitica (responsable do chancro do castiñeiro), Gnomoniopsis smitholgilvyi (causante da podremia marrón dos ourizos e das castañas), e plagas como Dryocosmus kuriphilus (avispilla do castiñeiro) entre outras.

 

Xunto ao castaño, Areeiro a través da Unidade Mixta tamén avanzou este ano no estudo da Lecanosctica acicola, Dothistroma pini e Dothistroma septosporum (fungos responsables do bandeado do piñeiro) ou do Fusarium circinatum (responsable do chancro resinoso do piñeiro), así como de bacterias asociadas ao síndrome do decaemento do carballo como Gibbsiella quercinecans e especies dos xéneros Brenneria e Lonsdalea. Ademais, e xa de cara ao 2024, o deputado Jorge Cubela adiantou que a institución provincial está aberta a estudar todas aquelas enfermidades que afectan á masa forestal da provincia de Pontevedra a través de Areeiro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.