GALICIA
Aberto prazo para o XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais 2025
En cumprimento do acordo alcanzado na Asemblea Xeral Ordinaria de Culturmar, celebrada o pasado sábado 25 de novembro, comunícase que dende o luns 27 de novembro está en marcha o prazo de presentación de proxectos para a celebración do XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que terá lugar en 2025. Este prazo manterase aberto ata o día 26 de febreiro de 2024.
As asociacións ou entidades federadas en Culturmar que desexen participar poden presentar os seus proxectos de acordo coas Bases vixentes que rexen a súa elaboración e presentación, as cales están dispoñibles para consulta na páxina web de Culturmar.
Os proxectos deben ser enviados por correo electrónico a secretaria@culturmar.org e, unha vez recibidos, Culturmar convocará unha Asemblea Xeral Ordinaria, prevista para marzo de 2024, na que serán sometidos a análise e aprobación. Nese momento, informarase oficialmente sobre a sede do XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia - 2025.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149