Martes, 03 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 02 de Marzo de 2026 a las 20:03:27 horas

Xornal21.es
Viernes, 01 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Última intervención de limpeza e eliminación de invasoras no río Couso

Dende o Concello do Porriño fan un chamamento para que todo aquel que queira botar unha man, participe como voluntario/a nos labores de restauración ambiental deste río que se desenvolverán este sábado

A asociación ecoloxista Verdegaia, en colaboración co Concello do Porriño, está a desenvolver intervencións de limpeza e eliminación de especies invasoras no río Couso.  Un grupo de voluntarios e voluntarias, dirixidos por membros da asociación que contan cunha ampla experiencia en actividades de restauración ambiental, levaron a cabo xa dúas intervencións no río e, por mor do mal tempo, tiveron que suspender a última delas.

 


Finalmente celebrarase este sábado, 2 de decembro de 11 a 13h. Aquelas persoas interesadas en formar parte do equipo de voluntariado para esta intervención, poderán informarse e/ou inscribirse no teléfono 986337624 (ext 1) ou no correo electrónico omix@oporrino.org , ata o día 1 de decembro ás 10 h.


Nesta última xornada farase unha revisión do traballo realizado nas anteriores e analizarase a posibilidade de repoboación da zona con especies autóctonas para frear a expansión das EEI que rodean a contorna intervida.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.