DEPORTES
Os vigueses Telma Ruso e Álvaro Gómez campións de España de bádminton
Esta pasada fin de semana a localidade murciana de Cartaxena viviu un gran éxito para o bádminton vigués e para o Club Escola Rosalía Peixes Vimar en particular, xa que dous dos seus máis novos xogadores, Telma Ruso e Álvaro Gómez proclamáronse Campións de España de Bádminton en categoría Sub 11.
Os vigueses, contra todo pronóstico, deron a gran sorpresa ao vencer na modalidade de dobres mixtos aos priori favoritos os tamén galegos Xoel Álvarez e Inés Lemos por 15-11/16-18/15-8. Os rosalianos cun partido tacticamente perfecto souberon manexar o partido, controlar os seus nervios e demostrar que son a mellor parella nacional da modalidade.
Ademais, Álvaro Gómez faría dobrete ao levar tamén a modalidade de dobres masculino xunto ao nevense Xoel Álvarez tras unha competición perfecta na que non cederon nin un só set. Na final derrotaría aos madrileños do CB Leganés, Gael Fernández e Álvaro López por 15-8/15-3.
Como complemento a estes dous triunfos, Álvaro Gómez, volvería subir ao caixón tras lograr a medalla de bronce na modalidade de individual masculino tras caer nunha dura semifinal fronte ao andaluz do CB Arjonilla, Pedro Carmona, por 15-7/19-17 nunha semifinal na que o vigués non puido realizar o seu mellor bádminton froito dos nervios e a precipitación.
Tamén, outro vigués e formado na canteira rosaliana, Martín Mosquera, que actualmente adestra no Centro Andaluz de Tecnificación Deportiva de Huelva logrou unha nova medalla nun Campionato de España. Nesta ocasión sería na modalidade de dobres masculino Sub 19 xunto ao seu compañeiro, o oventense Jesús de Burgos, tras caer nas semifinais ante Rodrigo Sanjurjo e Daniel Franco por 21-13/21-17.
Nesta competición tamén participaron os xogadores do Club Escola Rosalía Pablo Alfaya e Manuel Miguel que non puideron alcanzar as roldas finais tras uns duros enfrontamentos nas primeiras roldas.
Desde o Club Escola Rosalía Peixes Vimar agradecemos a todas as nosas familias, compañeiros, adestradores, patrocinadores públicos e privados e á Escola Rosalía de Castro por todo o apoio e confianza no noso proxecto.
As próximas citas para os rosalianos serán o Campionato de España Sub 23 e o Campionato de España BÚSCASE CAMPIÓN SUB 13.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22