VIGO
A economía circular e as enerxías renovables a liña a seguir para o desenvolvemento económico da provincia
A vicepresidencia da Deputación inaugurou no Pazo Los Escudos de Vigo a segunda edición do Foro de Sustentabilidade da Confederación Empresarial de Pontevedra
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, foi a encargada de inaugurar onte martes, xunto á vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta, Ángeles Vázquez; o segundo “Foro de Sostenibilidad de la CEP (Confederación Empresarial de Pontevedra)”, que tivo lugar no Pazo Los Escudos de Vigo, no que celebrou a “implicación e o compromiso” das empresas galegas coa responsabilidade social empresarial.
“É moi gratificante ver como as compañías galegas entenderon que a folla de ruta do crecemento pasa pola sustentabilidade como factor transversal e parte fundamental da súa estratexia”, afirmou Fernández-Tapias no seu discurso. Despois de poñer en valor o nivel de concienciación das entidades públicas e privadas en cuestións claves como a economía circular, a xestión de residuos, as enerxías renovables ou a bioeconomía, a vicepresidenta provincial sinalou que “todos, no marco das nosas competencias e na que medida que poidamos, temos que ser partícipes deste cambio de mentalidade cara a esta nova dinámica de traballo, de facer as cousas”.
Malia a ausencia de competencias lexislativas da institución provincial en materia de medio ambiente, Fernández-Tapias defendeu a aplicación de medidas de sustentabilidade na xestión ordinaria Deputación, con iniciativas enfocadas a prestar un servizo público que opera de forma “xusta e responsable”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22