O Concello de Ponteareas presenta o programa Concilia-Tea Nadal, un campamento destinado a proporcionar ás familias un espazo divertido e educativo para os máis pequenos durante as vacacións do Nadal.
Dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos en Educación Infantil e Primaria, o campamento busca promover a conciliación familiar e laboral, ao mesmo tempo que estimula a aprendizaxe, a creatividade e a diversión.
A actividade terá lugar nas instalacións do CEIP “Fermín Bouza Brey” de Ponteareas, rúa Fermín Bouza Brey, 13, entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro, en días laborais, das 9:00 ás 14:00 horas. O custo é de 50 euros por participante, con opción a un servizo de aula matinal de 8:00 a 9:00 horas por 10 euros adicionais. É requisito un mínimo de 25 inscritos para realizar a actividade principal e 10 para o servizo de aula matinal.
A preinscrición está aberta desde o 30 de novembro ata o 7 de decembro. As bases e o impreso de preinscrición están dispoñibles na Oficina de Ensino do concello, na segunda planta, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas, no Rexistro Xeral do Concello de Ponteareas e na web ponteareas.gal. A documentación debe presentarse no Rexistro do Concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou mediante a sede electrónica municipal: https://ponteareas.sedelectronica.gal.
O 7 de decembro publicarase unha listaxe provisional de admitidos nos taboleiros do concello e na web. A listaxe definitiva estará dispoñible o 13 de decembro nos mesmos lugares. En caso de demanda excedente, as prazas asignaranse por orde de rexistro, priorizando os empadroados en Ponteareas. Unha vez confirmada a praza, a documentación debe presentarse nun prazo máximo de 48 horas.
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149