Martes, 03 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 03 de Marzo de 2026 a las 09:37:48 horas

Xornal21.es
Sábado, 02 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Concello do Porriño e diócese de Tui-Vigo formalizan a cesión da Casa Cultural de Cans

As instalacións cédense por tempo indefinido ao Concello do Porriño para uso e disfrute da veciñanza da parroquia

O Concello do Porriño e a Diócese de Tui-Vigo formalizaron o convenio que dá resposta a unha das grandes demandas da veciñanza de Cans: a cesión da casa cultural da parroquia.

 


A edificación conta cunha planta baixa de 93 m2 que pese a ser propiedade da diócese é usada pola Asociación de Veciños de Cans, e unha segunda de 97 m2 destinada, en parte a usos veciñais e en parte a uso relixioso.
A través deste convenio, a Diócese de Tui-Vigo cede de maneira gratuíta e por tempo indefinido estas instalacións ao Concello do Porriño para uso e disfrute da veciñanza da parroquia, destinándose a usos sociais, culturais e veciñais. A cesión contempla tamén, aínda que de forma compartida coa Diócese, o uso do adro da Igrexa de Santo Estevo de Cans por un prazo de 50 anos prorrogable por outros 50.


“Atendemos a unha demanda histórica da veciñanza da parroquia, poñendo á súa disposición a casa cultural  que en virtude deste acordo, será acondicionada e mellorada polo Concello”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Ademais podemos realizar no torreiro as melloras necesarias e o correcto mantemento do mesmo, que xa comezou coa reparación do muro que se derrubou coas choivas e a instalación dunha nova bancada, xa que a anterior estaba danada”.


O rexedor quixo agradecer a disposición da Diócese a chegar a este acordo en beneficio da veciñanza de Cans. “Pese ao carácter privativo do patrimonio relixioso mostraron a súa vontade dende o primeiro momento de poner ao servizo dos vecinos o seu patrimonio, entendendo que carecían de locais públicos axeitados para levar a cabo actividades de carácter cultural e asociativo”.


Reparación do muro do adro
Esta semana rematáronse tamén as obras de reconstrucción do muro de contención do adro que rodea a Igrexa de Santo Estevo de Cans, tras sofrer unha derruba parcial dunha parte do mesmo, co risco de afundimento do chan do adro que implicaba e a desestabilización dos muros da propia igrexa.  O muro perimetral desprenderase a principios do mes de novembro debido á acumulación de augas no interior durante polas fortes choivas deses días.


Restauración da bancada do torreiro
No marco da intervención que se está a levar a cabo na contorna da Igrexa de Santo Estevo de Cans, o Concello do Porriño está a executar estes días os traballos de restauración das gradas do torreiro. As antigas bancadas estaban formadas por táboas de madeira de piñeiro parafusadas ao muro de formigón e, debido ao escaso espesor das mesmas, co paso do tempo e a acción dos axentes atmosféricos estaban rotas, agretadas e con síntomas de podredume nalgúns puntos.


Para resolver este problema, as actuacións estanse a centrar na  substitución dos elementos de madeira por outros de pedra, de maior duración e máis fácil mantemento.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.