SALUD
O Sergas mellora os resultados de espera cirúrxica nos pacientes con prioridade 1
O tempo medio de espera para operacións de pacientes con prioridade máxima redúcese aos 16,4 días, dous días menos que en 2022
O Servizo Galego de Saúde reduce os tempos medios de espera para intervencións cirúrxicas de pacientes con prioridade 1, aqueles con patoloxías tempo-dependentes, ata os 16,4 días, baixando máis de dous días (2,2 días) con respecto a 2022.
Segundo os datos do primeiro semestre de 2023, en practicamente todas as áreas sanitarias diminúen, en comparación cos datos de 2022, a espera media neste tipo de cirurxías nas que a axilidade na súa intervención ten un maior impacto para un mellor prognóstico e unha evolución máis favorable da enfermidade.
Así, a área sanitaria da Coruña e Cee mantivo unha espera media de 14 días (2,4 menos que en 2022); Santiago de Compostela e Barbanza, 14,3 días (3,4 menos); Ferrol, 23,5 días (4 menos); Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, 19,6 (2 menos); Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 12,1 (2,9 menos), Pontevedra e O Salnés, 14,5 (1,1 máis), Vigo, 18,5 (2,6 menos) e o Hospital Povisa, 12,7 días (incremento de 3 días).
Estes datos son moi similares (tan só 0,4 días de diferenza) aos acadados no ano 2019 -ano do mellor resultado histórico nas listas de espera en Galicia-.
Por outra parte, tamén cómpre sinalar que se reduciu de forma moi importante a espera dos pacientes en prioridade 2, pacientes cuxa situación clínica ou social admite unha demora relativa, sendo recomendable a intervención nun prazo inferior a 90 días. Diminuíu en 8,6 días para acadar unha espera de 65,4 días, conseguindo unha redución dun 11 %.
Máis de 13.000 pacientes intervidos no primeiro semestre
En canto ao número de intervencións, o Sergas realizou 13.122 no primeiro semestre do ano, superando en 532 as operacións do mesmo período de 2022, que foron 12.590. Por áreas sanitarias, a actividade cirúrxica de pacientes con prioridade 1 acadou as 2.818 intervencións na Coruña e Cee; 2.534 en Santiago de Compostela e Barbanza; 2.508 en Vigo; 1.581 en Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; 1.203 en Povisa; 945 en Pontevedra e O Salnés; 795 en Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; e 738 en Ferrol.
Estes datos en cirurxías de pacientes con prioridade 1, ao igual que o dato global de listas de espera que sitúa a Galicia, por primeira vez, como a segunda comunidade autónoma con mellores datos do Sistema Nacional de Saúde, son froito do esforzo do persoal da sanidade pública galega e da mellora continua que a Xunta impulsa na xestión dos pacientes incluídos na lista de espera cirúrxica.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11