PROVINCIA
O Museo de Pontevedra recibe 68 obras de Leopoldo Nóvoa doadas pola súa viúva
Rafa Domínguez: “É un día de alegría para o Museo de Pontevedra. Sentímonos moi orgullos de poder acoller estas obras que, sen dúbida algunha, contribuirán a seguir posicionando este recinto como o museo provincial máis importante de España”
O Museo de Pontevedra acaba de incorporar á súa colección 68 obras asinadas por Leopoldo Nóvoa, un dos artistas galegos máis importantes da segunda metade do século XX. O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Dominguez e a viúva do artista, Susana Carlson, asinaron a acta de doazón pola que Carlson entrega ao Museo un amplo conxunto de obras sobre lenzo, pinturas sobre papel, gravados e libros, ata agora da súa propiedade. “É un día de alegría para o Museo de Pontevedra, sentímonos moi orgullosos de poder acoller estas obras que, sen dúbida algunha, contribuirán a seguir posicionando este recinto como o museo provincial máis importante de España”, asegurou Rafa Domínguez quen tamén agradeceu o xesto de Carlson coa institución provincial.
As obras doadas están datadas entre 1987 e 2010. Inclúen 15 cadros de técnica mixta sobre lenzo, varios deles de gran formato. Os títulos dalgunhas destas obras describen as técnicas e materiais característicos do artista nacido en Pontevedra: ‘Gran espacio vertical con cenizas y pinchotes’, ‘Negro dominante perforado’, ‘Doble espacio con relieves perforados’ ou ‘Dominante horizontal con 12 rasgaduras’. As 21 pinturas sobre papel doadas foron realizadas con técnica mixta. O conxunto inclúe tamén 27 gravados, realizados coas técnicas de augaforte ou de serigrafía. Completan a doazón cinco libros de Catherine Topall, Julio Cortázar e José Ángel Valente, edicións especiais con ilustracións do artista.
Sete das obras recibidas en doazón atópanse agora mesmo cedidas á exposición temporal ‘Leopoldo Nóvoa. O silencio da pintura’, que se celebra no Museo Provincial de Lugo ata o 4 de febreiro de 2024. Son ‘Cenizas con cuadrángulos’, ‘Relieve cruzado con madera quemada’, ‘Dominante vertical con rasgadura’, ‘Forme erecte à deux fentes’, ‘Forme erecte à grande fente’ e os libros ‘Tempos de soufre’ de Catherine Topall e ‘De otros usos del cáñamo’ de Julio Cortázar. Ao remate da exposición incorporaranse á colección do Museo de Pontevedra.
As 68 obras recibidas súmanse ás seis que xa formaban parte do acervo do Museo, tres delas presentes na exposición permanente. En 2020, o Museo dedicoulle unha exposición retrospectiva que conmemoraba o centenario do seu nacemento e na que se exhibiron varias das obras agora doadas por Susana Carlson.
Leopoldo Nóvoa (Salcedo, Pontevedra, 1919 – París, 2012) é un dos grandes referentes da arte abstracta na segunda metade do século XX, tanto dentro como fora de Galicia. Artista rigoroso, home reflexivo e profundo, viviu unha longa e prolífica existencia en lugares e circunstancias moi dispares que o converteron nun personaxe cosmopolita e de vasta cultura. Un caudal persoal que transmitiu e plasmou en toda a súa prolífica produción creativa.
Pasou os seus primeiros anos en Uruguai e Arxentina, onde se xestou o valor que a forma e a materia terán na súa obra posterior. Llogo viviu en París, onde se desenvolverá a súa madurez creativa, o que alternou con longas tempadas na súa casa-obradoiro de Armenteira. Tras o dramático incendio que sufriu o seu obradoiro de París, dilúense cada vez máis os límites entre a pintura e a escultura, con obras en tons brancos e cinza e que adquiren volume e incorporan fragmentos de materia. A esta etapa pertencen as obras que se incorporan agora ao Museo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163