GALICIA
A Xunta pon en valor as case mil persoas atendidas pola rede de polos de emprendemento
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou en Ourense no ‘Futurgal Summit 2023’, onde salientou que a Rede de polos foi destacada como boa práctica pola Unión Europea de cara á súa réplica noutras rexións
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, acompañada do secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, e do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou hoxe no Futurgal Summit 2023 facendo balance da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego da Xunta de Galicia, que acadou esta semana os 12 centros activos -tras a inauguración do do Porriño- e que ten asesorado no conxunto de Galicia a arredor de 900 persoas, unhas 200 delas na provincia de Ourense.
Nese senso, os tres polos en marcha do Carballiño, O Barco de Valdeorras e Verín -aos que se sumará outro en Baños de Molgas- teñen atendido arredor de 200 proxectos (o 58% deles de mulleres). Predominan as iniciativas do sector servizos, da hostalería, do comercio e as relativas a agricultura, gandería, silvicultura e pesca; mostra da relevancia da Rede no rural.
Durante a súa intervención, a conselleira salientou que os Polos de emprendemento foron destacados -na súa recente visita a Bruxelas, pero tamén antes, cando o eurocomisario de Emprego estivo no centro de Silleda- como boa práctica de cara á súa réplica noutras rexións da Unión. Elena Rivo puxo en valor que a Rede de polos xorde para ofrecer un acompañamento continuado das persoas emprendedoras en cada unha das fases polas que vaian pasando os seus proxectos, axudándoas a determinar se os negocios responden ás demandas do mercado en xeral e da contorna na que se queren situar en particular.
Coa Rede de polos, segundo explicou, conséguese avanzar así en varios obxectivos: casar os novos negocios e a xestión da busca de emprego coa realidade demográfica e social da nosa Comunidade -e de cada comarca-, dinamizar o mercado de traballo buscando a interacción entre os ámbitos rurais e urbanos e fixar poboación no territorio.
Cómpre engadir que, tras a intervención da conselleira, teñen lugar esta tarde en Futurgal relatorios sobre emprendemento. Tamén unha mesa redonda, moderada polo secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, sobre emprendemento no rural con tecnoloxía, amosando experiencias en primeira persoa dos representantes de catro empresas.
Orzamentos 2024
O orzamento para darlle un pulo ao emprendemento increméntase nun 51,6% o ano que vén con respecto a este 2023, ata acadar os 30,6 millóns de euros. Dentro dese importe, inclúese 2,72 millóns para o mantemento dos Polos e 7 millóns en axudas para proxectos postos en marcha ao abeiro da Rede.
Así mesmo, cabe destacar os 10,5 millóns de euros de axudas para apoiar o inicio e a consolidación de iniciativas de emprendemento; os 2,2 millóns para a posta en marcha do Centro de Orientación, Emprendemento, Acompañamento e Innovación para o Emprego; 1,8 millóns para unha bolsa de substitución de negocios que garanta a remuda xeracional e a continuidade das empresas e case 1 millón para actuacións con entidades de cara ao fomento do emprendemento. Así mesmo, implementarase a Estratexia galega de emprendemento, cun impulso coordinado con todos os axentes implicados.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149