Martes, 03 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 03 de Marzo de 2026 a las 11:04:09 horas

Xornal21.es
Sábado, 02 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Abre o prazo para participar no “I Mercadiño de Nadal do Porriño”

Celebrarase entre o 7 de decembro e o 7 de xaneiro na Praza do Cristo e instalaranse 10 casetas que se poden solicitar ata o día 5 de decembro

[Img #85472]O Concello do Porriño organiza o I Mercadiño de Nadal con produtos artesanais, decoración, alimentación, complementos ou agasallos, entre outros artigos, todos eles relacionados con estas datas tan entrañables.


O mercadiño celebrarase entre o 7 de decembro  e o 7 de xaneiro na Praza do Cristo e constará de dez casetas.


A concellería de Mercados publicou hoxe as bases para participar no mesmo, todos eles deben ser persoas artesáns e comerciantes autorizados para producción ou venta de produtos. No caso de que se presenten máis de dez solicitudes, establécense tres quendas de participación (do 7 ao 17 de decembro, do 2 ao 18 de decembro e do 28 de decembro ao 7 de xaneiro).


Na selección dos participantes darase prioridade ás solicitudes para a exposición e venda de produtos específicos de Nadal, incluíndose tamén alimentación, decoración de Nadal e agasallos.


O prazo de solicitude está aberto e finalizará ás 14 h do 5 de decembro de 2023.



Poden descargarse as bases e a folla de solicitude na páxina web do Concello https://oporrino.org

BASES: https://oporrino.org/documentos/bases-i-mercadino-de-nadal-do-porrino/
SOLICITUDE: https://oporrino.org/documentos/folla-de-solicitude-i-mercadino-de-nadal/

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.