BAIONA
O espectáculo “Cacho animalada” chega este domingo a Baiona
A función, protagonizada pola narradora Vero Rilo e con entrada libre ata completar aforo, terá lugar no Multiusos de Sabarís
O Multiusos de Sabarís no Concello de Baiona será escenario este domingo, 3 de decembro, da actuación protagonizada pola narradora Vero Rilo que porá en escena a obra “Cacho animalada” no marco do ciclo “Tornar ás táboas”, co que a Deputación de Pontevedra está a espallar o teatro por toda a provincia neste último trimestre do ano. A función, para gozar en familia, dará comezo ás 18:00 horas e a entrada será libre ata completar o aforo.
Dirixida a un público infantil e familiar, “Cacho animalada” trátase dunha narración con música de guitarra centrada nos contos de tradición oral, en versións libres e revisadas dos “Cuentos de Hadas” de Ángela Carter ou nos contos de autor/a que xa son clásicos de la literatura. Trátase de todo un repertorio acompañado de humor, rock, música, alegría y de animais que fan desta actuación un espectáculo fresco e para toda a familia.
Co ciclo teatral “Tornar ás táboas” a Deputación de Pontevedra está a achegar, desde outubro e ata finais de mes, un total de 49 funcións gratuítas e dirixidas a todos os públicos a outros tantos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes. Participan neste programa provincial trinta compañías de teatro galegas que están a ofrecer por toda a xeografía de Pontevedra unha ampla variedade de espectáculos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191