Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 02 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

21 senadores de 7 provincias pola que atravesa a N-120 piden o Estado unha actuación inmediata

A Estrada N-120 (Logroño-Vigo) é un corredor vital para conectar as 7 provincias no norte de España, que son Pontevedra, Ourense, Lugo, León, Palencia, Burgos e A Rioxa

Os deputados e senadores galegos, Ana Pastor, José Manuel Barreiro, Rosa Sánchez, José Crespo e Nidia Arévalo, acompañados da alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, explicaron en rolda de prensa a iniciativa presentada o Estado por 21 senadores das 7 provincias pola que pasa a N-120, na que se reclama de maneira urxente o Estado que se leven a cabo as actuacións previstas na estrada relacionadas cos proxectos, orzamentos e prazos de execución para resolver os graves problemas que presenta esta estrada.

 

 

Segundo explicou Nava Castro, Ponteareas leva moitos anos reclamando ao Estado a execución de dúas infraestruturas moi necesarias, que son a mellora da seguridade viaria na N-120” e a construción da variante. Despois de conseguir cun Goberno Popular en Madrid que nos Orzamentos Xerais do Estado do ano 2018 houbese 27 millóns de euros para estas dúas infraestruturas, a mediados do ano 2018, co novo Goberno, esa partida foi eliminada.

 

A Estrada N-120 (Logroño-Vigo) é un corredor vital para conectar 7 provincias no norte de España: Pontevedra, Ourense, Lugo, León, Palencia, Burgos e A Rioxa. No seu trazado está afectado por problemas de envellecemento estrutural, mantemento da vía, iluminación nos tramos urbanos, problemas de acceso, carencia seguridade dos peóns e alto índice de accidentes de vehículos cun alto número de mortalidade.

 

Actualmente os problemas máis urxentes son na provincia de Pontevedra, mellorar  a seguridade viaria tanto de vehículos como para peóns, ao seu paso polo concello de Ponteareas,coa construción de dúas novas rotondas e a construción da variante ou circunvalación a dita localidade na súa conexión coa estrada A-52.

 

Na provincia de Ourense, está paralizado o inicio da construción da variante norte na súa conexión coa A-52 no concello de Eirasvedras e Quintela de Canedo desde setembro de 2022. Na provincia de Lugo prometeuse unha profunda rehabilitación da capa de rodaxe do tramo que discorre por Quiroga, A Pobra do Brollón, Monforte de Lemos e Sober, que aínda non está iniciado.

 

Na provincia de León dende fai anos está apagada a iluminación existente no cruce da N-120 coa AP-66 no concello de Valverde de La Virgen.  Ademais, o asfalto do tramo en mal estado entre León-Villadangos del Páramo-San Martín do Camiño-Hospital de Órbigo segue sen realizar, así como a falta de inicio das obras da construción da glorieta na intersección no quilómetro 314 e na estrada a Montejos del Camino e o inicio da mellora da intersección do acceso a Trobajo del Camino.

 

Na provincia de Palencia é urxente e necesario baixar o nivel da estrada como consecuencia das numerosas capas de asfalto acumuladas no tramo que discorre polo concello de Villaherreros, xa que se situou sobre as beirarrúas existentes en ambos laterais, o que provoca fugas e humidade nos inmobles situados xunto a estrada.

 

Na provincia de Burgos, ante o atraso no remate das obras do autovía A-12, é urxente o inicio das obras prometidas de rehabilitación e substitución o pavimento en boa parte do trazado da estrada N-120 ao seu paso pola localidade de Burgos. Na provincia da Rioxa tamén se ven afectados polos continuos atrasos o remate da Autovía A-12 e a falta de conexión coa cidade de Burgos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.