Martes, 03 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 03 de Marzo de 2026 a las 11:04:09 horas

Xornal21.es
Domingo, 03 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño reivindica unha sociedade diversa

Como cada ano, Aceesca conmemorou o Día Internacional das Persoas con Discapacidade respaldada polo Concello, a comunidade educativa e os centros de día do municipio

O pavillón municipal do Porriño acolleu esta semana  a conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade que, como cada ano, organiza Aceesca Porriño para reclamar a implicación de toda a sociedade para a plena inclusión das persoas con diversidade.

 


Como sempre, contaron coa participación e respaldo do Concello do Porriño, da comunidade escolar e de outras entidades e centros de día como AFAGA Alzhéimer ou o Centro de Día de Torneiros.


Laura, en representación do grupo de autoxestores de Aceesca “Os dez do Porriño” , foi a encargada de ler o manifesto que abriu o acto.


Un acto co que, tal e como relatou, “queremos celebrar a nosa fortaleza e exercer os nosos dereitos” e “berrar ben alto que as persoas con discapacidade queremos formar parte da sociedade dunha forma activa, queremos que se teñan en conta as nosas opinións e ser os protagonistas das nosas vidas”.


Laura lembrou que as persoas con diversidade teñen dereito a ter un traballo, contar cos apoios que necesitan para poder desempeñalo e que sexa nas mesmas condicións que o resto das persoas. Reivindicou tamén unha accesibilidade universal tanto física como cognitiva.


“Pensamos que unha sociedade diversa é moito máis rica, pero aínda existen moitas barreiras e queremos poder derribalas. Axudádesnos?”, concluíu, “Por iso precisamos unha educación máis inclusiva, unha atención sanitaria competente, apoio das administración con servizos e recursos que respondan ás nosas necesidades, máis investigación, máis aposta polo emprego para as persoas con discapacidade, máis apoio e comprensión de toda a sociedade. Queremos unha sociedade unida e onde non se discrimine a ninguén”.


O alcalde, Alejandro Lorenzo, apuntou que ninguén mellor que eles “para trasladarnos ao resto da sociedade as súas necesidades e as súas propostas para conseguir algo que é de xustiza: un mundo que non deixe a ninguén atrás”. “Moitas veces non somos conscientes das barreiras coas que vos atopades cada día, esas que moitas veces vos impiden tamén cumprir os vosos soños”, díxolles o rexedor, “Por iso quero darvos as grazas, grazas aos Dez de Aceesca polo traballo que facedes e grazas a todas e todos os que hoxe estades aquí para facer deste un mundo mellor.  Pola miña parte, como alcalde e como o voso veciño e amigo, tomo nota de todas elas e prometo, de corazón, facer o que estea na miña man para axudar a que se fagan realidade”.


Lorenzo rematou anunciando que, como o ano pasado, serán os usuarios e usuarias de Aceesca os encargados de iluminar o Nadal do Porriño, protagonizando o encendido navideño.


A xornada continuou co desfile de paraugas que deseñaron os centros participantes para visibilizar o importante que é poder vivir nunha sociedade diversa e plural na que todas e todos teñamos os mesmos dereitos e oportunidades e concluíu co gran flashmob no que participaron todos os asistentes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.