Sábado, 11 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 20:07:06 horas

Xornal21.es
Miércoles, 06 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Areeiro avanza na investigación contra o fungo que causa o murchamento da flor da camelia

Jorge Cubela participou na comisión de seguimento do proxecto que a institución provincial ten en marcha coa Sociedade Española da Camelia e a UVigo para impulsar aplicacións biotecnolóxicas que melloren a resistencia ao fungo Ciborinia camelliae

Areeiro está a avanzar na investigación do fungo que causa o murchamento da flor da camelia a través de dúas grandes liñas de traballo centradas na caracterización da interacción planta-patóxeno e no desenvolvemento de técnicas para a mellora xénetica do xénero Camellia. O deputado provincial Jorge Cubela acaba de constatar estes avances na comisión de seguimento do proxecto que está a impulsar o centro dependente da Deputación en colaboración coa Sociedade Española da Camelia e a UVigo para impulsar aplicacións biotecnolóxicas que permitan obter resistencia ao fungo Cibirinia camelliae, causante do principal problema fitosanitario das camelias ornamentais a nivel mundial.

 

 

A Deputación de Pontevedra está a investir 26.000 euros neste proxecto de investigación, con vixencia ata abril de 2025, que está a avanzar no estudo dos fundamentos biolóxicos da interacción entre o fungo Cibirinia camelliae e plantas do xénero Camellia, e utilizar a mellora xenética como recurso para a obtención de flores pouco ou nada susceptibles ao ataque deste fungo altamente especializado. En concreto, en Areeiro estase a traballar para identificar xenes candidatos da virulencia no fungo e xenes de resistencia na planta. Ademais, o centro dependente da Deputación está a desenvolver unha metodoloxía para estudar a función e o efecto de diferentes xenes sobre a susceptibilidade ao ataque do fungo.

 

Foi en 1999 cando se detectou por primeira vez na provincia o fungo causante do murchamento da flor da camelia e, desde entón, Areeiro está a probar diferentes estratexias para tentar o control da enfermidade. Debido á ausencia de efectividade das alternativas aplicadas ata o momento, este centro está a traballar na investigación e mellora xenética como recurso para obter flores pouco ou nada susceptibles ao ataque do Cibirinia camelliae.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.