VIGO
O Xulgado obriga á Comunidade de Montes de Cabral a readmitir a 15 comuneiros expulsados
A resolución anula o artigo dos estatutos da CC MM que a directiva de Luis Rodríguez utilizou para botar fóra a veciños contrarios a súa xestión
O Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo acaba de admitir o recurso interposto por 15 veciños de Cabral contra a súa expulsión como comuneiros acordada en asemblea pola Comunidade de Montes de Santa Mariña de Cabral hai agora catro anos, e obriga a esta entidade a readmitilos con plenos efectos dende a data da súa saída. Unha segunda resolución, ditada tamén estes días polo Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo, recoñece a condición de comuneiros doutros 8 veciños que levan nada menos que unha década intentando ingresar na mesma entidade.
As dúas sentenzas volven amosar a arbitrariedade que caracteriza á CC MM de Cabral e ao seu presidente, Luis Rodríguez, que hai tan só tres meses viu como a Audiencia Provincial rexeitaba tamén o seu recurso de apelación contra outra resolución que lle obrigaba a deixar entrar na organización a outros seis veciños que cumprían rigorosamente a condición de comuneiros.
Agora, no fallo do Xulgado número 9 anúlase o artigo dos estatutos da Comunidade de Montes que a directiva de Rodríguez utilizou para xustificar a irregular expulsión dos 15 comuneiros. “Non hai lugar a dúbidas da nulidade do réxime sancionador previsto estatutariamente e en consecuencia procede declarar tamén nula automaticamente a suspensión temporal dos comuneiros, e iso sen necesidade de entrar a analizar outras posibles, ou máis ben probables, causas de nulidade do acordo da asemblea”, sinala.
A segunda sentenza, a do Xulgado número 10, deixa claro que a xunta reitora atribuíuse potestades que non lle correspondían ao negar a condición de comuneiros aos 8 solicitantes, que cumprían escrupulosamente os requisitos legais para selo. Na resolución reflíctese unha detallada relación cronolóxica do largo periplo xudicial que tiveron que sufrir ata agora estes veciños dende que fixeron a súa solicitude formal de admisión en 2013.
Beatriz Ucha, presidenta da Plataforma Galega de Afectados por Comunidades de Montes, que fora precisamente unha das persoas ás que a Audiencia referendou a súa condición de comuneira hai tres meses, insiste en que a motivación de Luis Rodríguez para actuar dese xeito é simplemente a de impedir que accedan á organización comunal persoas incómodas para a actual xunta reitora. “A falta de democracia na CC MM de Cabral é patente e o menosprezo do presidente pola xustiza resulta escandaloso”, apuntou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217