Lunes, 13 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 13 de Abril de 2026 a las 09:47:20 horas

Xornal21.es
Jueves, 07 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Os Consorcios Provinciais Contraincendios propoñen unha mellora das condicións dos bombeiros

Nun encontro entre representantes da Xunta, das catro deputacións provinciais e dos sindicatos trasladóuselles unha proposta que inclúe un incremento do salario do 10 %, unha redución da xornada a 1.642 horas anuais, o aumento de efectivos nos 24 parques comarcais e dúas xornadas adicionais de asuntos propios

Os consorcios provinciais contraincendios e de salvamento mantiveron  unha reunión na que se lles presentou aos sindicatos dos bombeiros comarcais unha nova proposta coa intención de chegar a un acordo e que se desconvoque a folga dos últimos meses.

 

No encontro, ao que asistiron representantes da Xunta, das catro deputacións provinciais e dos sindicatos, os consorcios trasladáronlle unha oferta que supón unha mellora considerable das súas condicións coa equiparación salarial nas catro provinciais e un incremento do salario en arredor do 10 %. Ademais, contempla unha redución da xornada a 1.642 horas anuais, o aumento de efectivos nos 24 parques comarcais da comunidade e a concesión de dúas xornadas de 24 horas para asuntos particulares que equivalen a seis días de asuntos propios.

 

Os representantes sindicais comprometéronse a estudar a proposta e ambas as partes acordaron manter esta vía de diálogo con novas reunións en próximas datas coa finalidade de pechar un acordo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.