GALICIA
Galicia segue a consolidarse como unha das comunidades máis solidarias
Con máis de 70.000 voluntarios en activo
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou esta semana no acto institucional con motivo do Día Internacional do Voluntariado
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, destacou esta semana que Galicia segue a consolidarse como unha das comunidades máis solidarias, con máis de 70.000 voluntarios en activo e 1100 entidades rexistradas. Fíxoo durante o acto institucional con motivo do Día Internacional do Voluntariado que se celebrou esta mañá en Vedra.
Durante o acto tamén se celebrou unha mesa redonda para coñecer as experiencias dos participantes no programa de voluntariado Talento Interxeracional e entregáronse certificados aos voluntarios presentes no acto. Esta iniciativa permitiu durante as súas dúas primeiras edicións impulsar 23 proxectos no rural galego no que participaron máis de 330 voluntarios de distintas xeracións que se axudaron mutuamente en distintas áreas como a dixitalización ou a recuperación de oficios tradicionais.
A directora xeral lembrou que o Goberno galego aposta polo voluntariado como fórmula para crear unha sociedade máis ampla, máis tolerante e máis cohesiva. Así mesmo, sinalou que a Xunta seguirá apostando por aqueles programas que permiten construír unha Galicia mellor desde a solidariedade e o altruísmo do voluntariado como os programas de voluntariado xuvenil, sénior e interxeracional ou como os programas de voluntariado educativo ou ambiental.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184