Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Actualizada Miércoles, 11 de Marzo de 2026 a las 18:46:18 horas

Xornal21.es
Miércoles, 06 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

Mos Axuda no Nadal por ‘Ningún neno sen agasallo’

Este ano súmase á iniciativa municipal EVD Galicia mediante a súa campaña Magos e Estrelas

A campaña Mos Axuda no Nadal inclúe desde fai anos o proxecto ‘Ningún neno sen agasallo’. Esta iniciativa solidaria está promovida por Mos Axuda, Concello de Mos e coa colaboración da Asociación de Empresarios de Mos, AEMOS, para que ningún desexo dun neno/a no Nadal quede sen facerse realidade.

 


O listado de nenos/as é facilitado polo departamento dos servizos sociais de Mos e por suposto, os datos son totalmente confidenciais, polo que para mercar o regalo os colaboradores participantes reciben unha carta escrita polo neno/a beneficiario pero sen asinar, só identificada cun número de referencia. E o agasallo que pide na devandita carta debe ser depositado indicando no paquete o número da carta asignada. A entrega de agasallos realizarase, coma sempre, a véspera de Reis, o día 5 de xaneiro, pola mañá, durante un acto no que os cativos, acompañados das súas familias, recibirán os seus agasallos de mans das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar.


A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, anunciaron sobre esta iniciativa que “este ano a campaña ‘Ningún neno sen agasallo’ do Concello de Mos únese á iniciativa Magos e Estrelas, de EVD para Reis. As persoas que queiran sumarse e aportar un agasallo para os cativos das familias usuarias do departamento de Política Social mosense poden facelo colaborando a través de Magos e Estrelas da EVD Galicia”.


Magos e Estrelas é un proxecto que busca achegar valor á comunidade cun agasallo para as persoas que o necesiten e que que dá o relevo ao proxecto orixinal de Elfos e Calcetíns, que durante once anos mantivo tanto amor e agarimo.


Segundo informan desde EVD “esta iniciativa nace da nosa procura constante de querer achegar proxectos que acheguen valor á comunidade. É un proxecto solidario que busca ofrecer, ás nenas e nenos que o necesitan, un agarimo en Reis, nunhas datas tan sinaladas”.


Para iso necesítanse magos, é dicir, persoas solidarias que se encarguen de comprar e enviar un agasallo e elaborar unha felicitación, para que cada neno/a ou estrela de Mos teña o seu agarimo en Reis.


Para poder participar só hai que encher o formulario que aparece na páxina web de EVD https://www.evdgalicia.com/magos-y-estrellas/ solicitando facerse mago para que se lle asigne unha estrela.


Para máis información tamén se pode escibir un correo electrónico a magosyestrellas@gmail.com  


Na categoría de colaboradores entran aquelas empresas, entidades, organizacións que queiran apoiar a Magos e Estrelas.


Cada mago, logo de completar o formulario, recibirá un correo coa carta da estrela asignada. O mago deberá comprar un agasallo de Reis Magos para unha nena ou neno (O orzamento deste deberá estar entre un mínimo de 20€ e un máximo de 40€) e despois terá que depositalo nun punto máxico, escribindo unha tarxeta de “felices festas”.


Os puntos máxicos son os centros de EVD en Mos e Crecente.


Tamén se pode colaborar como voluntario/a no proxecto, participando na entrega dos agasallos, clasificación dos mesmos e demais tarefas moi necesarias para que estas festas sexan máis felices para as estrelas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.52

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.