GALICIA
Os Consorcios de Bombeiros galegos ofrecen equiparación salarial para mellorar as condicións
Nun encontro entre representantes da Xunta, das catro deputacións provinciais e dos sindicatos trasladóuselles unha proposta que tamén inclúe un incremento do salario de arredor do 10%, unha redución da xornada a 1.642 horas anuais, aumento de efectivos nos 24 parques comarcais e 2 xornadas a maiores de asuntos propios
Os consorcios provinciais contraincendios e salvamento mantiveron hoxe unha reunión na que se lles presentou aos sindicatos dos bombeiros comarcais unha nova proposta coa intención de chegar a un acordo e que se desconvoque a folga dos últimos meses.
No encontro, ao que asistiron representantes da Xunta, das catro deputacións provinciais e dos sindicatos, os consorcios trasladaron unha oferta que supón unha mellora considerable das súas condicións coa equiparación salarial nas catro provinciais e un incremento do salario en arredor do 10%. Ademais, contempla unha redución da xornada a 1.642 horas anuais, o aumento de efectivos nos 24 parques comarcais da comunidade e a concesión de dúas xornadas de 24 horas para asuntos particulares que equivalen a seis días de asuntos propios.
Os representantes sindicais comprometéronse a estudar a proposta e ambas partes acordaron manter esta vía de diálogo con novas reunións en próximas datas coa finalidade de pechar un acordo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184