Galicia
A partir de xaneiro 20.000 dependentes contarán cunha axuda da Xunta
Rueda adianta que recibirán as contías de forma automática, sen necesidade de facer ningún trámite adicional
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou que os 20.000 dependentes que son coidados no seu domicilio comezarán a recibir en xaneiro un bono de 5000 euros ao ano. Así, xa nos primeiros días do mes o seu ingreso mensual actualizarase conforme á nova contía.
O titular do Executivo Galego visitou en Rois, acompañado da conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, o domicilio de dous potenciais beneficiarios desta axuda, Isaura e Guillermo, que recibirán de forma autonómica, sen necesidade de facer ningún trámite adicional. Este bono vai dirixido a todos os dependentes que están sendo atendidos no seu fogar, sen importar o grao de dependencia ou o nivel económico.
Da mesma forma, Rueda lembrou que as persoas con dependencia que vivan nunha residencia recibirán, tamén de forma automática e en xaneiro, un complemento universal de 1200 euros ao ano -100 euros ao mes- que chegará, neste caso, a 10.500 beneficiarios.
Galicia, mellor lugar para vivir e para envellecer
Deste xeito, o mandatario galego salientou que a partir de xaneiro máis de 30.000 persoas dependentes serán beneficiarios destes 150 millóns de euros que “son de absoluta xustiza”, valorou. “Se queremos que Galicia sexa o mellor lugar para vivir tamén ten que ser o mellor lugar para envellecer”, defendeu.
Grazas a estas iniciativas, Galicia convértese na primeira comunidade que emprende o camiño cara a universalización do sistema de coidados de dependencia e avanza no obxectivo de que cada galego poida elixir libremente como envellecer. Para iso, cóntase coa axuda de ambos bonos, o que evidencia o compromiso da Xunta coa atención ás persoas dependentes.
Neste senso, o presidente reclamou a mesma implicación por parte do Goberno central e apelou de novo á necesidade de que asuma as súas responsabilidades nesta materia e financie, tal e como está establecido, o 50 % do custo dos servizos, xa que actualmente só se encarga do 30 %.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184