GALICIA
A Xunta aborda a situación da comunidade peruana en Galicia
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, mantivo un encontro co cónsul honorario da República do Perú en Galicia, Marco Antonio Gonzales
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, recibiu recentemente ao cónsul honorario da República do Perú en Galicia, Marco Antonio Gonzales, nomeado o pasado marzo.
Esta visita enmárcase nos contactos regulares da Xunta co corpo consular acreditado en Galicia. Na reunión, o director xeral interesouse pola situación política do Perú e a integración da comunidade peruana en Galicia, dedicada especialmente ao sector pesqueiro e de transportes. Por outra banda, informou ao cónsul honorario da especial importancia do Perú como receptor da cooperación ao desenvolvemento que ven realizando a Xunta desde fai anos con este país andino.
No relacionado coa cooperación ao desenvolvemento, Perú é considerado país estratéxico para a Cooperación Galega desde 2006, co primeiro Plan Director, e o seu carácter prioritario mantívose nos sucesivos plans que a rexeron. O volume de axuda canalizada cara o país desde 2010 acada case os 7 millóns de euros e dedicouse sobre todo aos sectores da educación básica e técnica, á produción agrícola, ao sector acuícola e pesqueiro e ao sector hídrico e saneamento.
O cónsul honorario, adiantou a súa intención de celebrar unha sesión de “consulado itinerante” en Santiago de Compostela, co obxectivo de atender de forma máis eficiente á comunidade peruana residente no norte de Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184