Martes, 14 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 13 de Abril de 2026 a las 22:03:40 horas

Xornal21.es
Lunes, 11 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

SmartPeme da Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas

Os obradoiros do programa de asesoramento tecnolóxico terán lugar os días 13 e 14 de decembro e estarán centrados en márketing social, contido efémero en redes sociais e Intelixencia Artificial

A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta  semana tres novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros. Os obradoiros centraranse en márketing social, contido efémero para redes con historias en Facebook e Instagram e en Intelixencia Artificial.

 

O mércores 13 de decembro terán lugar dous cursos impartidos de xeito telemático. Ás 12:00 Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas e postgraduada en Dirección de comunicación corporativa, será a encargada de impartir o obradoiro “O teu contido efémero: Stories en Facebook e Instagram”. Nel, explicarase como crear contido efémero nas redes sociais a través das historias integradas nunha estratexia de márketing.

 

Nesta mesma xornada do mércores pero ás 18:00 horas comezará o obradoiro “Márketing social: Estratexias dixitais para entidades do terceiro sector”. Trátase dunha acción formativa centrada en dar a coñecer as principais estratexias en liña, as ferramentas e as canles máis axeitadas dispoñibles para as entidades do terceiro sector. Este taller será impartido por Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual e con ampla experiencia no ámbito da comunicación dixital e o  márketing en liña.

 

Finalmente, o xoves 14 de decembro entre as 12:00 e as 13:00 impartirase de xeito telemático o curso “Intelixencia Artificial, iniciación con robots”. Manuel Freire, experto universitario en robótica, programación e impresión 3D, dará a coñecer os procesos de clasificación de imaxes empregando unha rede neuronal e unha placa de desenvolvemento Jestson Nano.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.