O Concello de Tui está a levar a cabo unha importante actuación de renovación no pavimento de madeira exterior do Centro Interfederado de Remo e Piragüismo. A madeira existente, afectada polo paso do tempo, estaba a representar un risco para a seguridade, o que motivou a decisión de proceder á súa substitución por pavimento de madeira técnica.
A obra, que foi adxudicada á empresa Ronautica Quality Marinas, S.L.U., implica un investimento total de 50.348,84 euros. Deste total, 40.279,08 euros son financiados pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, dentro da liña de subvencións plurianuais que este departamento da Xunta de Galicia ofrece aos concellos. Estas subvencións teñen como obxectivo financiar proxectos relacionados coa construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas municipais e a adquisición de material deportivo inventariable.
A renovación do pavimento proporcionará unha solución duradeira e segura para os usuarios do Centro Interfederado de Remo e Piragüismo, situado na rúa Olímpicos Tudenses. Unha vez completada a obra, o espazo exterior estará en condicións óptimas para ser utilizado, contribuíndo á seguridade e ao benestar dos deportistas e visitantes. O Concello de Tui reafirma así o seu compromiso co fomento do deporte e coa seguridade das súas instalacións municipais.
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8