Martes, 14 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 13 de Abril de 2026 a las 22:03:40 horas

Xornal21.es
Miércoles, 13 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación formará a 50 persoas maiores para loitar contra a fenda dixital

O prazo para presentar solicitudes para participar nesta formación dixital que terá lugar nos concellos da Illa de Arousa, As Neves, Cuntis, Forcarei e Moraña estará aberto do 19 de decembro ao 31 de xaneiro

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) recolle  as bases para seleccionar o alumnado e os “influencers” para participar nos cursos do “Hub para a loita contra a fenda dixital e a soidade non desexada no medio rural”. O proxecto, que a Deputación de Pontevedra ten en marcha nos concellos da Illa de Arousa, As Neves, Cuntis, Forcarei e Moraña, inclúe unha formación destinada a maiores de 50 anos e busca capacitalos en competencias dixitais, co fin de que poidan tamén xerar contidos audiovisuais e facilitar as súas relacións coas administracións públicas e a alfabetización dixital. Segundo informou o presidente da Deputación, Luis López, os alumnos e influencers interesados en participar no programa poderán presentar as súas solicitudes entre os días 19 de decembro e 31 de xaneiro, ambos os dous incluídos.

 

En canto ao alumnado deberá ter nacido antes de 1973 ou acreditar discapacidade, prestar servizos de axuda a domicilio ou ter a condición de persoa coidadora con maiores a cargo, sempre que sexan maiores de 18 anos. Por outra banda, os influencers (persoas destacadas a nivel municipal e con capacidade de mobilización e influencia sobre outras grazas á demostración en primeira persoa dos beneficios que lles pode reportar o uso de ferramentas sociais) deben ser maiores de 18 anos e estar empadroadas nalgún dos concellos participantes.

 

Unha vez seleccionados os participantes, que serán 50 en cada concello, desenvolveranse sete accións formativas que versarán sobre a administración electrónica, o Sergas online, a banda móbil, as redes sociais ou a creación de vídeos. Cada acción formativa terá unha duración de 5 horas e ao final delas haberá un servizo de titorías, dun mínimo de 20 horas, co fin de que o alumnado adquira axilidade, destreza e desenvoltura no uso das ferramentas dixitais e poida formular dúbidas sobre os coñecementos adquiridos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.