Martes, 09 de Junio de 2026

Actualizada Lunes, 08 de Junio de 2026 a las 21:35:25 horas

Xornal21.es
Martes, 12 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

Máis dun cento de persoas desempregadas inician en Mos un itinerario formativo e laboral para mellorar a súa empregabilidade

A Xunta de Galicia inviste 751.000 euros no Obradoiro de Emprego Queda en Mos II e na 9ª edición do Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Formación e Emprego, Julia Loureiro, visitaron onte  Axencia de Colocación do Concello aos 20 participantes do novo Obradoiro Dual de Emprego, Queda en Mos II, e aos 100 participantes no novo Programa Integrado de Emprego, que lle foron concedidos pola Xunta de Galicia á administración local mosense e que a administración autonómica subvencionará cun total de 751.000 euros. 531.000 euros para o Obradoiro e 220.00 euros para o Programa Integrado.

 

 

 

Estas 120 persoas en situación de desemprego comezaban  un novo itinerario formativo e laboral para mellorar a súa empregabilidade.

 

As dúas especialidades que se impartirán durante un ano no Obradoiro Dual de Emprego do Concello de Mos serán Carpintería e Márketing Dixital. En cada unha delas hai 10 alumnos/as-traballadores/as.


Os obxectivos deste Obradoiro, segundo destacaron as representantes municipais Arévalo e Loureiro, son “incrementar as oportunidades e a estabilidade laboral dos veciños en situación de desemprego, cunha formación adaptada ás demandas reais do mercado”.

 

Trátase dun programa que mellora a empregabilidade dos participantes ofrecéndolles unha formación para o emprego teórica e práctica de calidade, con opción a obter un certificado de profesionalidade e a un contrato de traballo.

 

Pola súa banda o Programa Integrado de Emprego está tamén financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

 

Esta trátase da IX Edición do Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos. E neste senso a rexedora mosense, Nidia Arévalo, salientou que “aínda que non é unha competencia municipal, unha das miñas máximas prioridades e preocupacións na xestión como alcaldesa é a inserción laboral da veciñanza en situación de desemprego, por iso quero agradecer a man tendida da Xunta de Galicia polo seu apoio incondicional a programas coma este no Concello de Mos, ás empresas pola súa colaboración e participación neles; e, aos usuarios e usuarias, animalos a seguir esforzándose e continuar formándose e realizando unha busca proactiva que, de seguro, dará os seus froitos”. O recén finalizado VIII Programa Integrado de Mos, que rematou o pasado 16 de novembro e no que participaron outras 100 persoas, acadou unha porcentaxe de inserción superior ao 60%. Porcentaxe de inserción co que se superou o obxectivo final do programa, pois se establecía a inserción dun mínimo dun 45% das persoas participantes.


Os obxectivos dos Programas Integrados son: a mellora da empregabilidade das persoas participantes. Ser un instrumento útil para as empresas, traducido na adecuación dos perfís profesionáis para unha posible incorporación ás suas empresas. E ofrecer medidas de apoio ao participante.

 

Esta nova IX Edición do Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos conta con subvención auntonómica da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.70

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.