GALICIA
En 2024 comezará a construción de 201 vivendas de promoción pública no barrio vigués de San Paio de Navia
O presidente da Xunta visitou as obras de urbanización do polígono 1, nas que se investirán 14,3 M€
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que a Xunta iniciará o vindeiro ano a construción de 201 vivendas de promoción pública no barrio de San Paio de Navia en Vigo. Así o deu a coñecer durante unha visita ás obras de urbanización do polígono 1 —nas que se investirán máis de 14,3 millóns de euros— onde titular do Goberno galego resaltou que se trata dunha actuación simbólica que culmina un “traballo intenso” para dar resposta a elevada demanda de inmobles que hai nesta cidade.
Rueda explicou que, en total, a Xunta promoverá ata 1.600 vivendas protexidas nesta zona residencial de Vigo cun investimento público-privado superior aos 260 millóns de euros. En concreto, apuntou que ás 201 vivendas públicas -que estarán destinadas en exclusiva ao alugueiro e as que se destinarán case 36 millóns de euros- hai que engadir outras 526 que serán vivenda protexida pero impulsadas por promotores privados. De feito, o Goberno galego vai sacar a concurso 98 parcelas durante o segundo semestre de 2024 para que os promotores poidan construír ata 331 vivendas.
Máis de 5600 inmobles protexidos en Galicia en 2026
Estas medidas enmárcanse no obxectivo da Xunta de facilitar o acceso da cidadanía a unha vivenda. Por iso, o presidente galego puxo en valor que o Goberno autonómico ten en marcha diferentes proxectos “para aumentar nun 50 %” o parque residencial público “ata superar os 5600 inmobles protexidos en 2026”. “É un obxectivo que podemos conseguir”, aseverou.
Neste senso, salientou que, para iso, se vai destinar un “orzamento importante” de máis de 56 millóns de euros no 2024 dirixido a liñas de axuda para acceder a un fogar, unha partida sobre a que adiantou que “vai ser ampliable”.
“Hai dúas maneiras de acometer a política de vivenda: falando moito e dicíndolle aos demais o que teñen que facer ou facendo política tanxible, planificada e realista”, defendeu sobre o que está a ser actuación do Goberno galego neste eido.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217