Miércoles, 21 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 14 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
Ponteareas

A Xunta abre o prazo de solicitudes para a pesca da Lamprea no río Tea

Publicado no Diario Oficial de Galicia, a Orde regula as condicións e o sorteo de postos para a tempada de 2024

 A Xunta abre hoxe o prazo de solicitudes para os amantes da pesca da lamprea nas pesqueiras do río Tea. A Orde reguladora desta actividade foi publicada onte no Diario Oficial de Galicia (DOG), establecendo as condicións e o período para participar na tempada do próximo ano.

 

 

O período hábil para a pesca da lamprea estenderase do 1 de febreiro ao 15 de maio, en días alternos: os luns, mércores e venres, desde as estacadas impares; e os martes, xoves e sábados, desde as pares. A pesca estará prohibida desde as 08:00 horas dos domingos ata as 21:00 horas dos luns, permitíndose dende as 21:00 horas do día autorizado ata as 08:00 horas do día seguinte.

 

A lamprea (Petromizon marinus) require métodos de pesca específicos, utilizados tradicionalmente e prohibidos para outras especies. Por esta razón, anualmente establecese un réxime especial para asegurar un aproveitamento ordeado desta especie singular.

 

A pesca da lamprea realizarase desde estacadas autorizadas previamente, onde catro pescadores poderán acceder mediante sorteo público. O sorteo terá lugar o 19 de xaneiro de 2024 no refuxio da Freixa (Ponteareas), ás 11 horas.

 

O prazo para presentar solicitudes abrira mañá, 14 de decembro, e permanecerá aberto durante 10 días hábiles. Unha vez pechado o prazo, elaborarase unha lista cos admitidos e excluídos para participar no sorteo. Cada persoa adxudicataria retirará un lote de permisos de cuarta categoría para toda a tempada, tras aboar o prezo público correspondente e presentar a licenza de pesca necesaria.

 

Como é costume, a cada pescador, xunto cos permisos, entregaráselle un libro ou folla de rexistro de capturas, obrigatorio para manter rexistradas todas as capturas, sempre á disposición das autoridades competentes.

 

 

 
Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.